InicioMedioambiente e PatrimonioUnha visita guiada polo 'Lugo menos coñecido' esperta un grande interese no...

Unha visita guiada polo ‘Lugo menos coñecido’ esperta un grande interese no público

Trátase dunha iniciativa de Guido Guía prevista para o 14 de setembro. Nela levará os asistentes polos recunchos máis sorprendentes da cidade. As sesenta prazas ofertadas esgotáronse en tan só 24 horas.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O guía de turismo Guido Álvarez (Guido Guía) anunciou hai uns días o primeiro paseo guiado polo ‘Lugo menos coñecido’. Trátase dunha iniciativa que procura descubrir recunchos agochados da cidade aos propios lucenses ou a visitantes. Vintecatro horas despois de facerse pública esta actividade, xa se esgotaran as sesenta prazas dispoñibles.

Esta visita desenvolverase o vindeiro sábado 14 de setembro e conta co apoio da Asociación para a Defensa do Patrimonio Galego (Apatrigal). Os asistentes desfrutarán dun paseo dunha dificultade media-baixa cunha duración de tres horas a pé. O punto de encontro será o Parque de Rosalía, ás once da mañá, e a partir de aí Guido Álvarez levaraos polos puntos máis sorprendentes da cidade.

O interese que esta proposta espertou no público foi evidente, xa que as sesenta prazas que se ofertaban esgotáronse nun só día. O prezo establecido foi de 6 euros por persoa, aínda que os socios de Apatrigal contaban con entrada de balde.

ÚLTIMAS

Tarxerta verde da UNESCO para o Xeoparque Montañas do Courel

O Xeoparque Montañas do Courel que comprende os concellos de Ribas de Sil, Quiroga e...

O goberno de Lugo celebra o aval xudicial á demolición do Garañón

A alcaldesa de Lugo, Paula Alvarellos, celebrou este mércores que as tres sentenzas que...

Lugo aproba inicialmente o novo plan de emerxencias municipal

O Executivo local aprobou inicialmente o novo plan de emerxencias municipal, un documento aberto...

Un operario resulta ferido tras ser atropelado por un camión nun tramo de obras da A-6 en Baralla

Un traballador do servizo de mantemento de estradas resultou ferido ao ser atropelado por...