InicioComarca de MeiraA Deputación de Lugo dá luz verde a un centro de día...

A Deputación de Lugo dá luz verde a un centro de día e 13 apartamentos tutelados para maiores en Portomarín

PUBLICADA O

- Advertisement -

O portavoz do goberno da Deputación de Lugo, Álvaro Santos, anunciou este venres, tras a xunta de goberno, que se deu luz verde a un centro de día e 13 apartamentos tutelados para maiores no concello de Portomarín.

Con esta obra, segundo indicou, “poderase ofrecer atención a 54 persoas maiores” cun investimento superior a 1,7 millóns de euros, dos que 1,5 millóns achégaos a institución provincial e 200.000 euros o Consistorio, que tamén habilitará dos terreos.

Deste xeito, Santos asegurou que o presidente da Deputación, Darío Campos, cumpre cos veciños deste municipio, aos que lle garante unhas instalacións sociais “moi demandadas” e cuxa construción poderá arrincar unha vez que o Concello conceda a licenza de obras.

Na súa intervención, Santos preguntouse se o PP, a través do consello da sociedade de chan provincial Suplusa, presentará “algún recurso de reposición ou un contencioso contra este centro de maiores” de Portomarín –municipio gobernado polo PP– “como xa fixo cos de Guitiriz, Trabada, Pol, A Fonsagrada ou Ribadeo”.

“A pesar de quen lle pese, nós (o goberno provincial) seguimos traballando para a posta en marcha de residencias e centros de día nos concellos, porque son necesarios e porque o primeiro para nós son e sempre serán os veciños da provincia”, apuntou.

Tamén na xunta deste venres aprobouse “a dotación do equipamento necesario para poder ofrecer no centro de maiores de Pol o servizo de cociña e lavandaría, por un máximo de 63.300 euros”.

Por último, sinalou que se segue “seleccionando persoal, que é transversal, a todas as residencias da deputación; como fisioterapeutas e outros profesionais”.

ÚLTIMAS

O Concello de Lugo pecha os parques ante a alerta amarela por vento

O Concello de Lugo procederá a pechar os parques a partir das 11.00 horas...

Lugo convértese no epicentro do cine galego cunha ambiciosa programación previa aos Premios Mestre Mateo

A Academia Galega do Audiovisual deu a coñecer en Lugo o programa de actividades...

Lugo aproba o anteproxecto de orzamentos locais previstos para 2026

A Xunta de Goberno local celebrada este mércores en Lugo deu o visto e...

Manteñen a pena de 26 anos para o autor do asasinato da lucense Cristina Cabo

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmou a condena contra o home...