InicioLugo e contornaRábadeA Vicepresidencia da Deputación apoia a III Edición da Axeigada, foliada de...

A Vicepresidencia da Deputación apoia a III Edición da Axeigada, foliada de primavera en Rábade

A Axeigada é unha iniciativa do colectivo de música tradicional rabadense Axeigo, que se celebrará o 7 de marzo

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Vicepresidencia da Deptuación de Lugo apoia a organización da Axeigada, a terceira edición da foliada de primavera do colectivo de música tradicional rabadense Axeigo, que se celebrará o 7 de marzo.

A xornada inclúe obradoiros de iniciación ao baile con Miguel Carballo e Artur Puga, aos cantos de taberna con Manuel Santín e á composición para gaita galega con Pepe Baamonde, unha sesion vermú con Charanga Benofán e Basaduriñaos e cantos de taberna polos locais de Rábade, entre as 7 e as 10 da noite. Concluírá con concertos da Murga de Cántigas e Frores, Lina e Lola e Os Enxebres de San Lázaro.

A deputada de Cultura Iria Castro destacou que “a organización da foliada é unha boa mostra da importancia da capacidade dinamizadora do tecido asociativo arredor da música tradicional que temos en toda a provincia. O seu traballo é clave na difusión da nosa música e tamén na dinamización das parroquias e concellos”.

A colaboración coa Axeigada de Rábade encádrase na rede de apoio que a Vicepresidencia da Deputación de Lugo ofrece a festivais e foliadas promovidos polo tecido asociativo para fomentar a presenza da música galega e en galego en eventos musicais por todo o territorio da provincia.

+ posts

ÚLTIMAS

A presidenta da Deputación e o alcalde de Lugo supervisan as obras na avenida Adolfo Suárez

A Presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, e o Alcalde de Lugo, Miguel...

Asinado o convenio entre Deputación e concellos para asumir os custos das residencias provinciais

A Presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, asinou este venres cos alcaldes un...

Preocupación do SLG polas dúas plantas de biogás previstas en Abadín

O Sindicato Labrego Galego-Comisións Labregas (SLG-CCLL) mostrou a súa inquietude ante o proxecto de...

CC.OO. acusa ao Goberno de Lugo de exercer un “feminismo de pancarta”

A Unión Comarcal de CC.OO. de Lugo acusou este venres ao goberno local de...