InicioEconomíaA Xunta saca a contratación melloras en seis centros da Chaira e...

A Xunta saca a contratación melloras en seis centros da Chaira e Meira

Educación acometerá, antes de que remate o curso escolar, reformas en cinco centros educativos da Terra Chá e no IES Pedregal de Irimia de Meira

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional aprobou novas obras de reforma e mellora en cinco centros educativos da Terra Chá, así como no IES Pedregal de Irimia de Meira, por un importe global de 91.000 euros.

O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, sinalou que os traballos están en fase de contratación e executaranse ao longo dos vindeiros meses, de forma que a totalidade dos proxectos estean rematados no que resta de curso.

As obras realizaranse en tres centros de educación infantil e primaria e outros tantos instituto de secundaria. En concreto, no Centro de Educación Infantil e Primaria (CEIP) Monseivane, de Vilalba, vanse cambiar canlóns e baixantes; no CEIP Ramón Falcón, en Castro de Rei, realizaranse reparacións en varias aulas, e no CEIP de Bretoña (Pastoriza), vanse renovar aseos.

Polo que respecta aos Institutos de Educación Secundaria (IES), no Basanta Silva de Vilalba vaise reparar a cuberta do salón de actos,  e no Lois Peña Novo -tamén de Vilalba- e no IES de Meira procederase ao cambio de ventás.

Balseiro subliñou que a Consellería de Educación “programa constantemente obras nos centros para  dispoñer dunhas instalacións confortables e seguras, nun marco adecuado para o desenvolvemento dun ensino público de calidade”.

Neste sentido, lembrou que nalgúns destes centros realizáronse nos últimos meses outras reformas, como a instalación de novas varandas de seguridade nas ramplas e escaleiras de acceso no Instituto do IES Lois Peña Novo, a reforma de dous baños do segundo andar no CEIP Ramón Falcón, reparacións no ximnasio do CEIP de Bretoña, a mellora dos baños no CEIP Monseivane, ou arranxos no comedor do IES Basanta Silva.

ÚLTIMAS

Aprobada a licenza urbanística para ampliar as instalacións da protectora de animais

O Concello de Lugo completou este mércores o proceso administrativo necesario para legalizar e ampliar as...

Un vehículo choca contra outro tras circular en sentido contrario na A-6, ao seu paso por Lugo

Unha persoa resultou ferida tras unha colisión frontal de dous vehículos, un deles circulaba en...

Polémica en Lugo polas obras de conexión de Lugo con Sarria

A Xunta de Galicia respondeu ao alcalde de Lugo, Miguel Fernández, asegurando que non existe...

Deteñen un home en Lugo despois de agredir cun coitelo a un sobriño

A Policía Local de Lugo detivo na tarde do pasado luns, 13 de outubro,...