InicioEconomíaA Deputación renovará o céspede da Lomba

A Deputación renovará o céspede da Lomba

O goberno provincial aprobou a contratación das obras no campo municipal meirego, que inclúen a mellora do sistema de rego

PUBLICADA O

- Advertisement -

Ramón González Rey | A Deputación de Lugo arranxará o terreo de xogo do campo de fútbol municipal de MeiraA Lomba. O ente provincial aprobou este venres na xunta de goberno a contratación das obras de reparación do campo, que se atopa nun estado de deterioro que dificulta a práctica do deporte.

As obras terán un orzamento de 48.400 euros, e consistirán na renovación integral do céspede e do sistema de rego. O campo conta cunha drenaxe que é insuficiente, o que supón que as épocas de choiva agraven o seu mal estado e aumente así o risco de lesións para os usuarios.

Meira Fútbol Club, que utiliza as instalacións a cotío, é o principal beneficiado das obras, aínda que todos os veciños poderán desfrutar da mellora xa que o campo é de titularidade municipal. Así, o presidente da Deputación, o socialista Darío Campos, salienta que a actuación responde “a unha demanda dos veciños”.

Segundo Campos, o investimento do goberno provincial no último ano e medio na mellora de instalacións deportivas municipais alcanza os 2,7 millóns de euros.

ÚLTIMAS

Caída de temperaturas con posibles nevadas na montaña de Lugo a partir deste mércores

A Axencia Estatal de Meteorología (AEMET) emitiu un aviso especial por nevadas por baixo...

Detido tras roubarlle o bolso con 200 euros a unha anciá, que tivo que ser atendida no hospital

A Policía Nacional informou da detención en Lugo dun home como autor dun roubo...

Deteñen en Vilalba o presunto autor de varios roubos en inmobles do concello

A Garda Civil, no marco da operación 'Encornet', detivo na localidade lucense de Vilalba...

Detido por estafas na rede utilizando a identidade de achegados e empregados

A Policía Nacional ha detido en Lugo a un home como suposto autor dun...