InicioComarca da FonsagradaA FonsagradaA Feira do Butelo da Fonsagrada pon en valor o sector cárnico...

A Feira do Butelo da Fonsagrada pon en valor o sector cárnico galego

O director da Axencia Galega dá Calidade Alimentaria, Martín Alemparte, asistiu este domingo á XXVIII Feira do Butelo da Fonsagrada, que tivo lugar estes días na localidade lucense. Alí, destacou o papel deste evento como "dinamizador" do sector cárnico galego, así como a súa "contribución" á hora de xerar emprego no rural.

PUBLICADA O

- Advertisement -

XXVIII Feira do Butelo da Fonsagrada celebrouse este fin de semana reunindo a máis de 60 expositores de produtos cárnicos e agroalimentarios, consolidándose como un evento de referencia na gastronomía galega. O director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, Martín Alemparte, participou na cita e destacou o seu papel como “dinamizador do sector cárnico” e na creación de emprego no rural.

Alemparte subliñou a calidade do butelo, un dos produtos tradicionais máis recoñecidos da gastronomía galega, así como a importancia da feira na promoción do produto. Xunto aos produtos cárnicos, os asistentes tamén puideron atopar queixos, meles e doces entre a oferta dispoñible.

No marco do evento, o presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, e o alcalde da Fonsagrada, Carlos López López, fixeron entrega do ‘Butelo de Ouro’, un recoñecemento que este ano distinguiu a dúas figuras vinculadas á democratización do ensino na localidade: Álvaro Touza, primeiro director do instituto do municipio, e Antonio López, primeiro alcalde da democracia.

Tomé destacou a importancia da educación para o avance das sociedades e asegurou que “a liberdade só se pode entender e defender de maneira adecuada se existe unha educación de calidade”. O evento puxo así o foco tanto no valor do patrimonio gastronómico da Fonsagrada como na súa historia educativa e social.

+ posts

ÚLTIMAS

Fernández reclama a renovación da rede de abastecemento en Paradai

O portavoz do Grupo Municipal Socialista, Miguel Fernández, visitou esta semana o barrio de...

O PP provincial esixe á presidenta da Deputación “entregar o expediente sobre José Tomé”

O Grupo Provincial Popular esixiu hoxe e de forma rotunda que a presidenta da...

A Deputación licita por máis dun millón de euros o equipamento da residencia de Becerreá

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo aprobou este venres a licitación do...

Candia fai chegar á subdelegada do Goberno prioridades en seguridade, mobilidade e infraestruturas

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, mantivo hoxe unha reunión institucional coa subdelegada do...