InicioMedioambiente e PatrimonioA Confederación Hidrográfica do Cantábrico acomete obras de mellora no río Freixo,...

A Confederación Hidrográfica do Cantábrico acomete obras de mellora no río Freixo, na Fonsagrada

As actuacións contan cun orzamento inicial de 24.000 euros e execútanse nun tramo 1.750 metros de canle.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Confederación Hidrográfica do Cantábrico iniciou os traballos de mantemento e conservación na canle do río de Freixo nas zonas rurais entre Airexa e Freixo, segundo informa.

As actuacións contan cun orzamento inicial de 24.000 euros e execútanse nun tramo 1.750 metros de canle co propósito de retirar árbores caídas ou en risco de caída e adecuar a vexetación da ribeira, co obxectivo de evitar a formación de tapóns e manter a capacidade de desaugadoiro da canle.

Estes traballos efectúanse a través da empresa pública Tragsa dentro do programa de mantemento e conservación de canles que desenvolve a Confederación Hidrográfica do Cantábrico fóra das zonas urbanas, nas que os labores de conservación e mantemento de canles son competencia dos concellos.

+ posts

ÚLTIMAS

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

29N Francisco Conde encabeza a candidatura do PP lucense co obxectivo de traballar “pegados ao territorio”

O Partido Popular de Lugo presentou este venres aos homes e mulleres que integran...

Encontro na Deputación sobre a desinformación e a IA

  O Pazo de San Marcos acolleu este venres un encontro aberto á cidadanía para...

Formación de 1.100 empregados da Deputación e medio cento de concellos

  A Deputación entregou os diplomas aos empregados públicos que participaron nas accións formativas desenvolvidas...