InicioCulturaUxía leva a súa música ata A Fonsagrada este sábado

Uxía leva a súa música ata A Fonsagrada este sábado

En Taboada será a quenda de De Vacas; e o 6 de marzo en Barreiros, de Habelas Hainas.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O ciclo de concertos Con Voz de Muller 8-M que impulsa a Deputación de Lugo continúa este sábado, 5 de marzo, coa actuación de Uxía no salón de actos fonsagradino dos Chaos ás 20.00 horas e de De Vacas na praza Riazón de Taboada ás 19.00 horas.

Estas actuacións forman parte desta nova iniciativa organizada por primeira vez este ano pola institución, que pretende achegar aos concellos da provincia música en feminino con motivo do Día Internacional da Muller, que se conmemora cada 8 de marzo.

A Deputada de Muller e Igualdade, María Loureiro García, anima a veciñanza a acudir a estes concertos, que son gratuítos e que teñen o obxectivo de “sensibilizar, romper estereotipos e favorecer a visibilización e o empoderamento a través da música de mulleres con voz propia que cantan e expresan os nosos dereitos”. Recalca Loureiro que dende a Deputación “pensamos en actividades e horarios para un público familiar e xente nova”.

O programa Con Voz de Muller 8-M pecharase este domingo, 6 de marzo, ás 19.00 horas, no centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro de Barreiros co concerto do grupo Habelas Hailas.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación non colabora na Vuelta a España feminina e desminte ao PP provincial de Lugo

A Deputación de Lugo enviou un comunicado aos medios en resposta ao PP provincial....

O PP critica que PSOE e BNG escolleran a Tomé para representar á Deputación na presentación da Volta a España feminina

Os deputados do Grupo Provincial Popular critican a decisión que onte tomaron PSOE e...

Suspenden o xuízo contra nove persoas acusadas de estafar 400.000 euros

O xuízo previsto para este martes na Audiencia Provincial de Lugo contra nove persoas...

Escarceran unha persoa tras envorcar o seu vehículo en Pol

Unha persoa tivo que ser excarcerada este martes tras envorcar o vehículo no que...