InicioSociedadeA Xunta, sobre a residencia da Fonsagrada pechada por "malos coidados": "Non...

A Xunta, sobre a residencia da Fonsagrada pechada por “malos coidados”: “Non se vai admitir de ningunha maneira”

Neste centro privado da Proba do Burón, con 23 prazas, vivían 29 maiores en condicións inadecuadas, segundo constataron dende a Administración galega nunha inspección realizada o martes. Unha denuncia "anónima", acompañada de material fotográfico, puxo o punto de mira na situación dos residentes.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A conselleira de Política Social, Fabiola García, defendeu a actuación “inmediata” dos servizos de inspección da administración galega ante as irregularidades e as malas condicións nas que se atopaban os anciáns da residencia privada clausurada este mércores na Proba do Burón, na Fonsagrada.

A Xunta ordenou o peche cautelar das vivendas comunitarias Burón I e II tras constatar as condicións das persoas que residían nestas instalacións, e trasladou a situación tanto á Fiscalía como á Garda Civil ante a gravidade da situación e a desatención na que se atopaban os residentes.

“Non podemos nin imos permitir cousas como esta. Ante calquera irregularidade actuarase con toda contundencia”, advertiu Fabiola García, quen asegurou que todos os afectados foron trasladados ao HULA para someterse a un recoñecemento completo. Desde a Xunta avisouse aos seus familiares.

A responsable de Política Social insistiu en que o Goberno galego “non vai admitir isto de ningunha maneira” e que todos os maiores “merecen os mellores coidados”, tanto por eles, polos seus seres queridos e polos “tantos traballadores de residentes de toda España que fan un traballo magnífico e non merecen que se dane a súa imaxe”.

“Unha cousa é que entre un virus nunha residencia, algo que desgraciadamente está a chegar a todas partes e ante o que hai que actuar se non se fan as cousas como cómpre. Pero outra moi distinta é que nunha residencia non se estea asistindo aos maiores coa dignidade que merecen”, advertiu.

INFORME DE SERVIZOS SOCIAIS

A denuncia partiu dun informe emitido polos servizos sociais da Fonsagrada este martes, no que se advertiu á administración galega dunha posible situación de malos tratos aos residentes do centro e de diversas irregularidades tanto nas condicións como na atención aos mesmos.  Ante a gravidade da situación alertada, a inspección de servizos sociais da Xunta desprazouse ao centro para corroborar os feitos.

Os efectivos desprazados constataron a situación na que se atopaban estes residentes, un total de 29 anciáns nun centro con 23 prazas e en condicións inadecuadas, que motivaron a urxencia das actuacións desde a Administración galega para ordenar o peche inmediato das instalacións. A gravidade dos feitos levaron á Xunta a trasladar o parte á Fiscalía ante a posibilidade de que o caso sexa constitutivo de “ilítico penal”, informa a Consellería de Política Social.

A Xunta pecha unha residencia privada na Fonsagrada tras unha denuncia por malos coidados aos usuarios

ÚLTIMAS

Novas obras no viaduto do Castro provocarán afectacións ao tráfico a partir deste luns

O Ministerio de Transportes e Mobilidade Sustentable inicia este luns os traballos para impermeabilizar o...

A XXI Feira Medieval de Monforte xa está aquí

Ademais dos atractivos doutras edicións, como son os numerosos postos e paradas que haberá...

Falta de pediatras na Fonsagrada, Baleira e Castroverde

A asociación de consumidores Facua en Galicia dirixiuse ao Servizo Galego de Saúde (Sergas) para denunciar a "falta...

Unha talla de madeira provoca graves impactos en mámoas de Lugo

As asociacións ADEGA e Mariña Patrimonio veñen de presentar unha denuncia perante a Dirección...