InicioSociedadeOs concellos pequenos de Lugo libres do COVID-19: "Os de Madrid, Barcelona...

Os concellos pequenos de Lugo libres do COVID-19: “Os de Madrid, Barcelona ou Bilbao non viñeron”

"A ver o que pasa en xullo e en agosto, que son os meses máis fortes no tema turístico e cando regresa a xente de fóra", manifesta, expectante, o alcalde fonsagradino.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Aínda que a listaxe non se fixo público, o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, afirmou en días pasados que había 140 municipios en Galicia, algo menos da metade dos que hai na Comunidade, nos que non se rexistraron casos positivos de coronavirus durante a última semana. E a pesar de que non se concretaron os datos, das consultas realizadas por Europa Press, extráese un fío condutor entre os municipios cos que se contactou e que non rexistraron ningún caso: o seu eminente carácter rural, dispersión poboacional e que teñen menos de 5.000 habitantes.

Entre estes concellos están os da Fonsagrada, Riotorto, O Vicedo, Muras, Lourenzá ou Negueira de Muñiz, na provincia de Lugo. Precisamente, os alcaldes consultados chamaron a atención sobre o feito de que a poboación nestas localidades está “moi envellecida”, polo que, se había un contaxio, o risco era maior. Todos coinciden en que “a dispersión axudou” e sosteñen que ten que servir para “acordarse do rural” cando pase a pandemia. “A poboación tomouno con moita responsabilidade”, afirmou o rexedor da Fonsagrada, Carlos López (PSOE), quen indicou que “se viron reflectidos na situación doutras comunidades, concienciouse e fixeron caso”.

No concello, duns 3.600 habitantes, habilitouse un teléfono a través do cal as persoas maiores podían solicitar alimentos e medicamentos. Este municipio, polo que pasa o Camiño de Santiago, tamén conta con moita poboación en Madrid, Barcelona ou Bilbao, pero “non volveron”. “Si, foi fundamental”, asegurou, en referencia ao feito de que non se dese esa mobilidade, e a que “o éxito foi a responsabilidade dos veciños”.

A Casa Consistorial de cada un dos municipios consultados tamén serviu de “impresora” para facer chegar os traballos dos escolares, xa que en boa parte dos fogares non contaban co necesario para continuar o curso. “A ver o que pasa en xullo e en agosto, que son os meses máis fortes no tema turístico e cando regresa a xente de fóra”, manifestou, expectante, o alcalde fonsagradino.

MURAS (LUGO)

Mentres, o alcalde de Muras, Manuel Requeixo (BNG), quixo ser moi “prudente” cos datos e matizou que o feito de que el non teña constancia de ningún caso rexistrado non evita que o houbese ou poida haber. Con todo, considerou que ter “pouca poboación”, 648 habitantes, si puido constituír “unha vantaxe” para lograr este obxectivo.

Os seus veciños, cun 60 por cento máis de 65 anos, tomáronse ” moi en serio” as medidas adoptadas. O concello, que adoptou medidas para facer fronte á factura da luz dos veciños, tamén se fixo cargo da distribución de medicamentos e alimentación ás casas. Tamén se mantivo a venda ambulante polas casas durante o estado de alarma, o que facilitou o acceso aos produtos. Toda a reportaxe no Galicia Confidencial.

ÚLTIMAS

A redacción do proxecto para construír unha residencia na Pastoriza será financiada pola Xunta

A conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, reuniuse co alcalde da Pastoriza,...

Accidente en Guitiriz con tres vehículos implicados e un ferido

Varios vehículos víronse implicados este venres, pouco antes do seis da madrugada, nun accidente...

Abadín rexistra 62 litros por metro cadrado debido á borrasca Caetano

A borrasca Caetano, que este xoves obrigou a activar diferentes alertas laranxa e amarela...

Un bus urbano causa danos nunha vivenda en Lugo tras saírse da vía e un dos pasaxeiros resulta ferido

Un bus urbano de Lugo sufriu este xoves un accidente de tráfico e causou danos nunha...