InicioPolíticaA Xunta urxe ao Goberno responder as alternativas de tráfico propostas para...

A Xunta urxe ao Goberno responder as alternativas de tráfico propostas para a A-6

Este xoves terá lugar unha reunión entre os gobernos central e autonómico para estudar as posibilidades de mobilidade na zona afectada.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, urxiu ao Goberno a responder as tres alternativas de tráfico propostas pola Xunta para o tramo afectado polo derrube no viaduto do Castro, na A-6.

“É inexplicable que a Xunta tarde menos en trazar tres altenartivas que o Goberno en decidir sobre elas”, espetou a conselleira este mércores, véspera da reunión entre os gobernos central e autonómico para estudar alternativas de mobilidade na zona afectada pola caída de dous vans do viaduto que conecta as provincias de León e Lugo.

A conselleira respondeu desta forma a unha pregunta presentada polo deputado do PP José Balseiro durante o pleno do Parlamento galego, onde manifestou que o Goberno debe ofrecer “solucións” este xoves á situación xerada na A-6.

Sobre a mesa estarán as tres propostas elaboradas pola Xunta: a construción dun ramal que conecte a N-V e a A-6 cun custo de 1,46 millóns de euros, a creación dunha variante en Pedrafita para transportes especiais (150.000 euros) e, por último, habilitar en dobre sentido de circulación o ramal de saída da A-6 en sentido Galicia, de modo que os vehículos se poden reincorporar á autovía antes dos túneles de Pedrafita.

“A ver se mañá ofrecen solucións”, aseverou Vázquez, que tamén respondeu, a solicitude do grupo que sustenta ao Goberno autonómico, sobre a sentenza que exime á Administración autonómica do pago das peaxes en sombra de Rande e A Barcala na AP-9. A responsable de Mobilidade manifestou a súa satisfacción por un fallo xudicial que supón “un gran alivio para as arcas públicas” ao “aforrar 400 millóns á poboación galega de aquí ao final da concesión”.

Así mesmo, Vázquez tamén tivo que ofrecer explicacións sobre a postura crítica da Xunta co mapa de transportes elaborado desde o Executivo central, un posicionamento que foi cualificado pola deputada socialistas Patricia Otero como “unha nova confrontación” co Goberno a través do uso “torticeiro” do documento. “Non me pida que apoie un plan de transportes que mesmo rexeitan membros do seu partido”, respondeu a conselleira, en alusión á postura do PSOE de Betanzos (A Coruña).

ÚLTIMAS

Unha colisión frontal en Láncara deixa varias persoas feridas

Unha colisión frontal entre dous vehículos deixou varias persoas feridas leves en Láncara durante...

O PP de Lugo rexeita as acusacións do PSOE contra Elena Candia

O PP de Lugo respondeu con "absoluta rotundidade" ás "graves acusacións" do PSOE lucense...

O PSOE de Lugo esixe a dimisión de Elena Candia tras o arquivo da “Operación Polbo”

O PSOE de Lugo reclamou este sábado “responsabilidades políticas” á vicepresidenta do Parlamento e...

Saída de vía en Pantón deixa catro persoas feridas

Un total de catro persoas resultaron feridas tras saírse da vía co seu vehículo...