InicioAncaresCae a primeira nevarada na montaña luguesa do Cebreiro

Cae a primeira nevarada na montaña luguesa do Cebreiro

PUBLICADA O

- Advertisement -

Os primeiros copos chegaron este xoves á montaña luguesa de Pedrafita do Cebreiro, no corazón dos Ancares, para inaugurar a tempada de neve deste inverno en Galicia.

O alcalde do municipio lugués, José Luís Raposo Magdalena, viu como a súa localidade se cubría este xoves por “un manto branco” durante a tarde desta xornada. Desta maneira, a chegada dos primeiros copos case cumpre co refraneiro ao que aludiu Raposo: ‘Por Santos, neve nos campos’.

Dez días despois do festivo de todos os Santos, leves precipitacións en forma de neve aparecen en Galicia. A diferenza do ano pasado –cando a primeira nevada chegou aos 40 centímetros de espesor– por agora, a montaña luguesa recibiu sen moita sorpresa a chegada dos copos, que deixaron unha pequena capa branca.

Neste sentido, Meteogalicia activou a alerta amarela por neve tanto na montaña de Lugo, que se mantén desde as 12,00 horas deste xoves ata as 12,00 de mañá; como na Ourense, que se activou ás 18,00 horas desta xornada e continuará ata as 12,00 horas do venres.

Despois do mediodía, a cota de neve ascenderá do mil aos 1.400 metros. Espérase que unha borrasca situada sobre Inglaterra deixe paso a ventos do noroeste que traerán inestabilidade e chuvascos xeneralizados que irán remitindo durante a tarde.

Pola súa banda, as temperaturas manteranse sen moitos cambios durante esta madrugada e a próxima xornada. No Cebreiro, a mínima que se rexistrou é de -1,3 graos, mentres que o valor máis baixo de toda Galicia apareceu no municipio ourensán da Veiga, en Xares, próximo á fronteira con Castela e León, -4,2 graos.

DISPOSITIVOS

Pola súa banda, o Concello de Pedrafita ten listo todo o operativo de seguridade. A máquina quitaneves xa estivo traballando nas rúas e o resto de dispositivos cambiaron as rodas de verán polas de inverno a semana pasada.

Ademais, a Xunta activou o pasado venres o Plan de Vialidade Invernal co fin de “garantir a mobilidade e a seguridade” na rede de estradas autonómica para a eliminación de xeo e neve nas vías autonómicas.

+ posts

ÚLTIMAS

O PP de Lugo acusa ao BNG de “desgoberno” nas contas municipais no anterior goberno local

O goberno municipal de Lugo elevou este martes o ton da confrontación política cos...

Detido un home por insultar e golpear a un axente da Policía Local de Lugo

Segundo informa a Policía Local nun comunicado, os axentes atopábanse de patrulla cando foron...

Lugo reactiva tras case cinco anos a Mesa Local de Comercio para impulsar novas medidas de apoio ao sector

O Concello de Lugo reactivou este martes a Mesa Local de Comercio despois de...

O único xulgado polo incendio mortal en Tableros Hispanos de Nadela nega a súa responsabilidade no sinistro

O xuízo polo incendio mortal rexistrado en 2019 na planta de Tableros Hispanos de...