InicioMedioambiente e PatrimonioA Montaña engade 135 hectáreas de novas árbores

A Montaña engade 135 hectáreas de novas árbores

A Xunta adica 358.000 euros a recuperar a superficie arbórea da Fonsagrada e Navia de Suarna, con 150.000 piñeiros e castiñeiros

PUBLICADA O

- Advertisement -

A superficie forestal arrasada na Montaña lucense entre 2012 e 2013 volverá a medrar con forza. A Xunta de Galicia adicará 358.000 euros á repoboación de 135 hectáreas en tres montes da Fonsagrada e outro en Navia de Suarna. As árbores inclúen tres variedades de piñeiro e outra de castiñeira. Este plan foi transmitido polo delegado autonómico na provincia, José Manuel Balseiro, durante unha xuntanza con representantes da comunidade propietaria do monte fonsagradino de Miñide.

Balseiro explicou que están próximos a rematar os traballos neste monte da Fonsagrada, que é o máis extenso de cantos se contemplan no proxecto. En concreto, conta cunha extensión de 79,5 hectáreas, e vaise repoboar con 83.000 piñeiros e 4.300 castiñeiros. A continuación, os labores continuarán no municipio nos terreos das comunidades de Pedra e Allonquiña.

En conxunto, entre A Fonsagrada e Navia de Suarna, a iniciativa suporá a plantación de máis de 150.000 árbores. Segundo o monte, utilizaranse as tres variedades de pino silvestris, pinaster e radiata, amais dos castiñeiros en Miñide.

A intervención, que asume a Xunta en virtude dos convenios de xestión que ten asinados coas comunidades propietarias, inclúe a limpeza e preparación dos terreos, eliminando a totalidade da matogueira. Unha vez acondicionada a superficie, efectúase a plantación de xeito manual.

O delegado territorial subliñou que esta actuacións servirá para recuperar terreos forestais que resultaron afectados por lumes en anos pasados, concretamente nos anos 2012 e 2013. Conseguirase así “que volvan a ser para os veciños e veciñas desta zona unha fonte de riqueza medioambiental, social e económica”.

+ posts

ÚLTIMAS

Alerta nos Ancares por unha “praga” de xabarís: os gandeiros temen o contaxio de enfermidades e esixen accións á Xunta

O Sindicato Labrego advirte dun aumento sen precedentes dos ataques, que ameaza a viabilidade das explotacións, e reclama a Medio Ambiente peches preventivos e un control sanitario estrito.

Queremos Galego denuncia o uso do castelán nun cartel en Lugo mentres o PP sinala que xa se fixo en anos anteriores

A plataforma Queremos Galego criticou publicamente ao goberno municipal de Lugo, liderado polo PP,...

O PP acusa a Carmela López de manter “o mesmo sectarismo” que Tomé na Deputación

O grupo provincial do PP na Deputación de Lugo acusou á presidenta do organismo,...

Morre apuñalada polo seu fillo durante un brote psicótico na súa vivenda en Lugo

Unha muller faleceu no Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA) na madrugada deste luns despois...