InicioEconomíaComeza en Cervantes a reconstrucción da estrada afectada por desprendementos

Comeza en Cervantes a reconstrucción da estrada afectada por desprendementos

A Deputación prepara o proxecto para recuperar esta vía, pechada ao tráfico dende que as intensas choivas levaron parte do firme ladeira abaixo

PUBLICADA O

- Advertisement -

Os técnicos da Deputación traballan na proxectaxe da reconstrucción da LU-P-140, a estrada de Cervantes que aínda permanece pechada ao tráfico pola inestabilidade do solo. As intensas choivas de comezos de mes levaron por diante unha parte considerable do terreo, como comprobou in situ o vicepresidente da Deputación e responsable de Vías e Obras, Argelio Fernández Queipo, e mailo rexedor da localidade, Benigno Gómez Tadín.

Estes desprendementos foron provocados polas precipitacións, mais a pobre cohesión do firme ten a orixe nos lumes que devoraron estas mesmas ladeiras. O mal estado da vexetación impediu a natural fixación do chan, arrastrado polo importante volume das tormentas do estío.

A vía parte da LU-723, por Degrada, atravesa por Piornedo e acada o límite provincial. Fernández Queipo explicou que “actualmente a estrada atópase pechada ao tráfico, ata que completemos os traballos precisos para garantir a plena seguridade aos usuarios da vía”. Como corresponde na rede, será a autoridade provincial a encargada de sufragar a rehabilitación.

Polo de agora non existen prazos para a apertura definitiva da estrada de Cervantes. O vicepresidente da Deputación confirmou o inicio das tarefas de recuperación da vía, que agardan no goberno provincial “poder abrila de novo no menor tempo posible”. Amais da cantidade de terra desprendida, o titular de Vías e Obras fixo referencia aos incendios que “pelaron as ladeiras, moi escarpadas, o que fai que a vexetación tarde en recuperarse”.

“Esta situación provoca unha gran acumulación de auga nos días de choiva intensa, como sucedeu nas pasadas semanas, facendo que a estrada non fose capaz de evacuar os litros cadrados que caeron e provocando desprendementos”.

ÚLTIMAS

O PSdeG acusa a Rueda de usar Turismo de Galicia como “a chequera de Elena Candia” nos orzamentos de 2026

A deputada socialista e secretaria de Organización do PSdeG, Lara Méndez, acusou ao presidente...

Falece un home de 31 anos nun accidente de tráfico en Lugo tras saír da vía o seu vehículo

Un home de 31 anos perdeu a vida nesta pasada madrugada ao sufrir un...

A feira de gando do San Froilán no punto de mira: rexeitada a moción do PP para investigala

O Goberno local de Lugo, co voto de calidade do alcalde debido á ausencia...

A Deputación terá 135 millóns máis nos seus orzamentos para 2026

A Deputación de Lugo contará en 2026 cun orzamento de 135 millóns de euros,...