InicioEconomíaA Xunta renovará a conexión da N-VI co polígono de Becerreá

A Xunta renovará a conexión da N-VI co polígono de Becerreá

O executivo autonómico realiza a segunda intervención en dous anos nos accesos á área industrial do concello da Montaña

PUBLICADA O

- Advertisement -

O goberno autonómico realizará nos vindeiros meses unha nova mellora nos accesos ao polígono industrial de Becerreá. Se no exercicio pasado levouse a cabo un investimento na conexión co núcleo urbano, na rúa Corteliña, desta vez trátase de rehabilitar o treito que vencella esta área empresarial coa estrada N-VI.

En total suporá unha partida de 191.700 euros, montante do que 120.000 euros corresponden á primeira fase, e 71.700 á segunda. A Consellería de Economía, Emprego e Industria asumiu en ámbolos casos o 80 por cento do custo das intervencións neste municipio dos Ancares.

O delegado territorial de Lugo, José Manuel Balseiro, subliñou que a Xunta aposta pola modernización das infraestruturas dos parques para “facer máis competitivas ás nosas empresas, que poden deste xeito beneficiarse da mellora dos servizos comúns das áreas industriais”.

A obra que se levará a cabo en Becerreá servirá para mellorar a seguridade viaria na zona. Segundo está previsto, construirase unha beirarrúa pola marxe dereita que conecte o parque empresarial coa saída cara á N-VI, repararanse outros treitos de beirarrúas e do firme da calzada, e completarase a instalación de servizos de abastecemento e recollida de pluviais afectados.

O representante da Xunta en Lugo lembrou que no conxunto da provincia a Consellería apoia con 1,3 millóns de euros proxectos de actuación nos parques empresariais de 15 concellos, mobilizando entre este aporte e o realizado por outras administracións ata 1,6 millóns de euros de investimento.

Estas axudas, afirmou Balseiro, “poñen de manifesto que a Xunta segue mantendo o seu compromiso cos gobernos locais e o desenvolvemento das súas infraestruturas, co fortalecemento do tecido empresarial e industrial e co apoio ao emprendemento”. O obxectivo do executivo galego é encaixar estas liñas de acción coas medidas auspiciadas pola Lei de Implantación Empresarial, coñecida entre a oposición como a Lei de Depredación.

ÚLTIMAS

Scania busca persoal para o taller que abrirá no Polígono das Gándaras

Scania chega ao Polígono As Gándaras, lugar no que poñerá en marcha un novo...

Cortes ata o 4 de decembro na calzada esquerda da A-6 sentido Madrid por melloras

O Ministerio de Transportes e Mobilidade Sustentable continúa coa execución das obras de rehabilitación estrutural...

Falece un cazador de 55 anos en Cospeito tras ser picado por velutinas

Un home de 55 anos de idade que responde as iniciais J.I.P. faleceu a...

Atraco a punta de pistola na Caixa Rural de Cervantes

Un home armado cunha pistola atracou á primeira hora deste venres a sucursal do...