InicioSucesosEnvorcan o coche na A-6 en Baralla e saen polo seu pé

Envorcan o coche na A-6 en Baralla e saen polo seu pé

Dous feridos na autoestrada á altura de Vilartelín logo de envorcar o coche no que viaxaban – O accidente produciuse pouco antes das 16.30 deste luns

PUBLICADA O

- Advertisement -

Dúas persoas maiores resultaron feridas leves este luns na A-6 en Baralla. A persoa que conducía o vehículo perdeu o control e rematou envorcando á altura de Vilartelín.

Un particular deu aviso do suceso ao 112 ás 16.30 horas. Ata o lugar desprazáronse as urxencias sanitarias, e afortunadamente non foi preciso excarcerar aos ocupantes do vehículo siniestrado no termo municipal de Baralla.

Malia a espectacularidade do accidente, os dous ocupantes puideron saír do coche polo seu pé. As dúas persoas, de considerable idade, foron sometidas por precaución a un recoñecemento médico.

+ posts

ÚLTIMAS

Extinguido o incendio de Taboada tras arrasar 55,85 hectáreas

A Consellería do Medio Rural deu por extinguido este sábado o incendio forestal de...

A Deputación incrementa o patrocinio para o Caudal Fest reforzando a proxección turística de Lugo

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo aprobou este venres o contrato de...

O Concello de Lugo aprobará o proxecto dunha residencia de anciáns no barrio de Recatelo

A xunta de goberno de Lugo aprobará o vindeiro luns o proxecto para a...

Un incendio activo en Lugo xa arrasou dúas hectáreas

A parroquia lucense de Orbazai, no lugar de Penarrubia, rexistra este xoves un incendio...