InicioSucesosPerde a vida un veciño das Nogais que se precipitou dende unha...

Perde a vida un veciño das Nogais que se precipitou dende unha árbore

O falecido estaba realizando traballos forestais nunha leira da súa propiedade na parroquia de Doncos, no Concello ancarés das Nogais

PUBLICADA O

- Advertisement -

Un home de 62 anos perdeu a vida este xoves despois de caer dunha árbore nas Nogais. O falecido realizaba traballos forestais cando se precipitou, e foi atopado sen pulso por un veciño.

O accidente mortal produciuse arredor das 12.00 horas, tal e como informou a Axencia Galega de Emerxencias, na parroquia de Doncos, termo municipal das Nogais. J.M.G.G., de 62 anos, traballaba na leira de seu cando caeu da árbore.

Como recolle o GaliciaConfidencial, un veciño pediu axuda ao 112 Galicia logo de atopar sen pulso á vítima. O Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) desprazou unha ambulancia asistencial e persoal sanitario, nun operativo no que colaboraron voluntarios do GES de Becerreá e axentes da Garda Civil.

Porén, o persoal do 061 tan só puido confirmar o falecemento do varón.

ÚLTIMAS

O campo galego pulsa o centro de Lugo e chama á folga cidadá este martes

Gandeiros e agricultores de Agromuralla e Gandeiros Galegos da Suprema iniciaron este luns a...

Lugo véndese en Fitur como a gran ‘Reserva Natural’ de Galicia

A Deputación de Lugo presenta esta semana en Fitur a oferta turística da provincia,...

Xuízo en Lugo polo intento de secuestro dunha menor de 14 anos en Vilalba

A Audiencia Provincial de Lugo celebrará o vindeiro martes, a partir das 10.00 horas,...

Os gandeiros realizan unha nova marcha a pé con vaca incluída en Lugo e solicitan reunións con eurodeputados

Os gandeiros e agricultores da provincia de Lugo, dirixidos por Agromuralla e Gandeiros Galegos...