InicioAncaresAncares e O Courel, referencia mundial do estudo científico

Ancares e O Courel, referencia mundial do estudo científico

Acaban de entrar na categoría de "reserva científica" e convérteos na maior zona de estudo de Galicia.

PUBLICADA O

goberno da Deputación de Lugo recibiu hoxe o documento da auditoría e o distintivo que acredita ás montañas dos Ancares e O Courel como espazos Observer de Turismo Científico, o que lles outorga a ambos os territorios a categoría de “reserva científica” e convérteos na maior zona de estudo de Galicia.
No acto de entrega desta documentación participou a responsable do sistema de certificación Observer, Maite Vence Fernández, así como o deputado de Turismo, Eduardo Vidal Baamonde, e o encargado da avaliación de ambos os espazos e redacción do informe, Xavier Vázquez Pumariño.
Este proxecto, iniciado por iniciativa da Deputación de Lugo en agosto de 2018, cunha achega 70.000 euros, termina a súa primeira fase. Esa primeira fase dará paso, a partir de agora, a accións concretas sobre o terreo, destinadas a promocionar turísticamente o territorio como reserva científica.
Este proxecto inclúe a 16 municipios lucenses: Navia de Suarna, Cervantes, Becerreá, As Nogais, Triacastela, Pedrafita do Cebreiro, Samos, O Incio, Folgoso do Courel, Pobra do Brollón, Quiroga, Ribas de Sil, Baleira, Ribeira de Piquín, A Fonsagrada e Negueira de Muñiz.
En total, o territorio afectado suma 102.635 hectáreas, entre Os Ancares e O Courel, polo que será a maior zona de estudo científico de Galicia, segundo informou o goberno provincial.
+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación adxudica por 2,5M€ un novo sistema informático que modernizará a xestión tributaria

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo deu este venres luz verde á...

Miguel Fernández acusa a Candia de poñer en risco proxectos estratéxicos para Lugo

O portavoz socialista traslada aos veciños e veciñas que non permitirá que a parálise...

‘Arredor do Té’, conversas sobre o pobo saharauí chega a Lugo

A Área de Política Social, Maiores, Migración, Muller e Conciliación do Concello de Lugo...

Condenado a un ano de cadea por maltratar á súa parella mais queda eximido de violación

A Audiencia Provincial de Lugo condenou a un ano de cárcere a un home...