InicioSociedadeUn ferido nun accidente entre un coche e un camión nas Nogais

Un ferido nun accidente entre un coche e un camión nas Nogais

PUBLICADA O

- Advertisement -

Unha persoa resultou ferida nun accidente de circulación rexistrado na tarde deste venres no municipio lugués das Nogais. O sinistro produciuse no quilómetro 437 da A-6 en sentido A Coruña ás 18,30 horas deste venres, segundo trasladou o CIAE 112 Galicia.

Os vehículos implicados obstaculizaban a circulación na zona, ata a que se desprazaron efectivos de Urxencias Sanitarias 061 para atender á vítima e proceder ao seu traslado a un centro médico. O impacto produciuse cando o turismo adiantaba ao camión e, ao regresar ao carril dereito, chocou contra el e envorcou.

ÚLTIMAS

Incendio nunha empresa de colchóns de Palas de Rei mobiliza un amplo operativo de emerxencias

Os servizos de emerxencias traballan na extinción dun incendio iniciado no exterior do recinto...

A Xunta só dá 10 días para consultar o expediente de Altri a 75 persoas interesadas

A Consellería de Economía e Industria recoñeceu a 75 persoas como interesadas no proxecto...

O PP lucense esixen a Tomé unha repartición “igualitaria” dos convenios da Deputación

Alcaldes e concelleiros do Partido Popular dos 67 concellos lucenses concentráronse este venres ante...

Dous detidos por estafar máis de 30.000 a unha empresa de Lugo

A Garda Civil de Lugo identificou a dous veciños de Cataluña que supostamente estafaron...