InicioSociedadeCursos de cociña con produtos da Montaña ou talleres de vimbia para...

Cursos de cociña con produtos da Montaña ou talleres de vimbia para promocionar a Reserva da Biosfera

A Deputación de Lugo organiza novas actividades divulgativas nos concellos de Cervantes, Navia e Becerreá.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Deputación de Lugo organiza novas actividades divulgativas ao redor da Rerserva dos Ancares, Montes de Cervantes, Navia de Suarna e Becerreá dirixidas a todos os públicos e que inclúen talleres de cociña creativa e vimbia, contos, xogos e cursos de poda e de primeiros auxilios.

Nun comunicado remitido aos medios, a institución provincial explica que as xornadas, que arrincan este xoves, levaranse a cabo durante as últimas semanas dos meses de marzo e abril en distintos puntos dos concellos que conforman a reserva.

Así mesmo, explica que as inscricións se farán por orde de reserva ata cubrir os límites de capacidade permitidos en cada local e adaptaranse ás pautas que marquen as autoridades sanitarias en cada momento.

PROGRAMA

A primeira das actividades terá lugar o 29 de marzo en Becerreá, onde se fará un taller de cociña creativa con produtos da Montaña. A iniciativa diríxese a adultos e terá lugar no Centro Social de Becerreá de 16.00 a 20.00 horas.

Así mesmo, os días 29, 30 e 31 de marzo poranse en marcha talleres de vimbia co obxectivo de recuperar os oficios tradicionais, como a elaboración de produtos con este material. A actividade, orientada a nenos e nenas, tamén terá lugar no Centro Social de Becerreá en horario de 10.00 a 14.00 horas. O teléfono de inscricións para as actividades neste centro é o 982.360.704.

Pola súa banda, os días 18, 20 e 24 de marzo e o 24 de abril terá lugar un curso de poda e enxerto de árbores froiteiras para adultos na Escola de Barcia, en Navia de Suarna, entre as 10,00 e as 14,00 horas. O teléfono para apuntarse é o 982.365.166.

O 27 de marzo realizarase unha tarde de contacontos e xogos para toda a familia ao aire libre na Praza da Vila de Navia de Suarna, ás 17.00 horas. Neste caso as inscricións poderanse realizar no 659.991.400.

O 26 de marzo haberá un curso de primeiro auxilios para adultos no Edifico de Servizos Múltiples de Cervantes, en horario de 16.00 a 21.00 horas. O teléfono para apuntarse neste caso é o 982.364.904.  Ese mesmo día haberá contacontos e xogos orientados a toda a familia no CPI de Cervantes ás 10.00 horas.

Os interesados en anotarse para participar nalgunha das actividades poderán facelo nas direccións www.deputacionlugo.gal, inscricions.deputacionlugo.org; e tamén a través do correo electrónico und.medioambiente@deputacion.org.

+ posts

ÚLTIMAS

Darío Villanueva será Fillo Predilecto de Vilalba pese absterse o BNG e non ter a unanimidade do pleno

Darío Villanueva será nomeado Fillo Predilecto de Vilalba despois de que a proposta por...

Besteiro pechará a campaña en Lugo

Os principais partidos de Galicia teñen unhas apertadas axendas para a xornada final da...

PSOE e PP enfróntanse en Lugo polo mitin de Besteiro: acusacións de “sectarismo” e “manipulación”

A campaña electoral das eleccións xerais do 29 de novembro chega á súa recta...

Lugo recuperará unha aula infantil pechada desde a pandemia para acabar coa lista de agarda: 12 novas prazas en 2027

A conciliación familiar continúa sendo unha das principais preocupacións para os fogares con nenos...