InicioMedioambiente e PatrimonioPremio para os expoñentes da fotografía das Terras do Miño e Os...

Premio para os expoñentes da fotografía das Terras do Miño e Os Ancares

A Deputación entregou 1.600 euros en premios aos mellores traballos sobre estas Reservas da Biosfera – A quinta edición está xa aberta a novos concursantes

PUBLICADA O

- Advertisement -

Captar a harmonía entre persoas e natureza nos espazos naturais. Ese era o espírito do IV Concurso de Fotografía das Reservas da Biosfera Terras do Miño e os Ancares Lucenses, organizado pola Deputación de Lugo. Os mellores traballos da cuarta edición foron recompensados este mércores con 1.600 euros en premios, nun acto no que participou o deputado de Turismo Eduardo Vidal Baamonte.

O responsable provincial destacou a importancia deste certame para “pór en valor a riqueza do noso patrimonio natural, promovendo o grande patrimonio paisaxístico e ambiental, así como os recursos dos que dispoñen as Reservas da Biosfera Terras do Miño e os Ancares Lucenses”. A achega da Deputación foi de 800 euros para o primeiro premio, 500 para o segundo, e 300 para o terceiro clasificado.

O primeiro premio, de 800 euros, foi para Óscar Doral García, coa súa fotografía titulada Ocaso castrexo. O segundo premio, dotado con 500 euros, foi para Daniel Sánchez Enjuto, por El instante. E o terceiro premio gañouno Antonio José Fernández Hevia, coa súa fotografía A espera.

V edición

Durante o acto de entrega de premios, o Deputado lembrou que a V edición deste certame xa está en marcha. As persoas participantes deberán entregar as imaxes recollidas nun CD e tamén copia en papel fotográfico, dentro dun sobre pechado que inclúa o nome e apelidos do autor/a, data de nacemento, enderezo, teléfono, correo electrónico, título da obra e lugar onde se realizaron. Cada autor/a pode presentar a concurso soamente unha fotografía. As bases completas poden consultarse na web www.deputacionlugo.gal. As tres mellores fotografías recibirán premios en metálico de 800, 500 e 300 euros.

Vidal Baamonde subliñou que nesta edición, “o tema central do concurso son os usos, rituais e actos festivos que constitúen e estruturan os costumes e a vida social. Trátase dunha iniciativa, coa que dende o Goberno promovemos o estudo do territorio, dende unha perspectiva social, ao tempo que da a coñecer a nosa riqueza medioambiental. Estas instantáneas poderán, por exemplo, amosar algunha das múltiples festividades e conmemoracións que se suceden ao longo da xeografía das dúas Reservas da Biosfera e que lembre os valores tradicionais”.

Fotografía para nenos

O Deputado mantivo ademais un encontro cos nenos e nenas que estaban a participar no obradoiro gratuíto A natureza, retratamos flora e fauna no río Rato, que se celebra no Centro de Interpretación Terras do Miño. Son un total de 20 nenos e nenas entre 8 e 10 anos que se achegarán, ata o 7 de xullo, á natureza das reservas e aprenderán a observar e a apreciar a contorna e a súa riqueza paisaxística.

+ posts

ÚLTIMAS

O PPdeG reclama a PSdeG e BNG “asumir responsabilidades” por permitir que Tomé siga de alcalde e deputado

O portavoz parlamentario do PPdeG, Alberto Pazos Couñago, esixiu ao PSdeG e ao BNG...

O PPdeG non asistirá ao acto do 8M na Deputación de Lugo por mor do “branqueamento” de José Tomé

Os deputados do Grupo Provincial Popular de Lugo anunciaron este martes que non asistiran...

A Rede Museística é a institución de referencia no apoio á creación feminina segundo un informe

informe Las Artistas, aquí y ahora elaborado pola Asociación de  Mujeres en las Artes...

Senadores do PP de Lugo reclaman a Sánchez “concretar prazos” para reparacións na N-6

Os senadores do PP de Lugo reprocharon ao Goberno que "non concrete prazos" sobre...