Home Ancares A montaña de Lugo despide marzo con neve e con case seis graos baixo cero

A montaña de Lugo despide marzo con neve e con case seis graos baixo cero

0
A montaña de Lugo despide marzo con neve e con case seis graos baixo cero
(Arquivo) Neve en Cervantes | MeteoGalicia

O último día de marzo amenceu en Galicia afectado por unha onda de frío que deixou temperaturas de ata -5,9 graos na montaña de Lugo.

En concreto, segundo os datos de Meteogalicia, os valores mínimos rexistrados na provincia de Lugo déronse no Alto do Poio (Pedrafita do Cebreiro) e en Cervantes, onde se alcanzaron os -5,6ºC.

Con estas temperaturas, algunhas localidades amenceron  con lixeiras nevadas, que mesmo causaron dificultades de circulación á primeira hora da mañá. Así ocorreu na estrada LU-540 ao seu paso polo Alto da Gañidoira.

+ posts

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here