InicioPolíticaMartínez di adeus ao Suplusa, o órgano desde o que pactou co...

Martínez di adeus ao Suplusa, o órgano desde o que pactou co PPdeG para presionar ao PSdeG

Presume de xestión dun organismo que será disolto pola nova corporación provincial.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O alcalde de Becerreá (Lugo), Manuel Martínez, confirmou que informou este martes ao consello de administración da Sociedade Urbanística Provincial (Suplusa) da súa dimisión como presidente da entidade, ademais de realizar unha defensa pechada da súa xestión durante os últimos anos, cando este organismo que depende da Deputación de Lugo “conseguiu os mellores resultados da súa historia”.

A saída de Suplusa de Manuel Martínez prodúcese despois de que nas pasadas eleccións locais quedase fose da corporación provincial, onde exerceu como deputado non adscrito no último mandato despois da súa segunda rotura co Partido Socialista.

Martínez dixo a EFE que na reunión urxente do consello de administración de Suplusa tamén informou da renuncia doutros cargos que exercían a súa función nesta entidade, como a do “secretario, o interventor, o tesoureiro ou o xerente”.

Na súa despedida, lembrou que o “balance” de xestión “está aí”, porque “con Manuel Martínez como presidente, Suplusa conseguiu os mellores resultados da súa historia”. Nese sentido, precisou que a cifra de negocio da sociedade “aumentou nun 1800% en 2018”, cun incremento dos “ingresos de explotación do 26%” e uns “resultados despois de impostos cun aumento do 428%”.

“Son os resultados dunha auditoría feita por unha empresa empresa externa. Non se trata de autoloubanzas, pero son sinxelamente espectaculares”, insistiu. Desde o seu punto de vista, a decisión do novo goberno provincial de “disolver Suplusa” é “un gran erro”, que vai matar a unha galiña con ovos de ouro” que realizaba un importante servizo dentro da provincia de Lugo.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación de Lugo responde ao PP sobre a incorporación dun funcionario de administración local

  A Deputación Provincial de Lugo, ante as declaracións realizadas polo Grupo Provincial do Partido...

Concello de Lugo e CHMS colaborarán para recuperar a contorna da rúa Fermín Rivera

O alcalde de Lugo, Miguel Fernández, e o presidente da Confederación Hidrográfica Miño-Sil (CHMS),...

A Deputación de Lugo pide á Xunta reformular o anteproxecto de lei de administración local

O Pleno da Deputación de Lugo aprobou este martes unha proposta de Goberno en...

O PP acusa a BNG e PSOE de “deixar oco” na Deputación para que entrase o fillo do alcalde de Lugo

Os voceiros do Grupo Municipal, Elena Candia, e do Grupo Provincial do PP, Antonio...