InicioA UlloaTransportes prevé un impulso "importante" no tramo da autovía Palas de Rei-Arzúa

Transportes prevé un impulso “importante” no tramo da autovía Palas de Rei-Arzúa

Sergio Vázquez Torrón confía en que no 2023 ese tramo da autovía que une Lugo- Santiago esté finalizado.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O secretario xeral de Infraestruturas, Sergio Vázquez Torrón, asegurou este luns en Lugo que se prevé “dar un impulso importante” ao tramo de Palas de Rei-Arzúa, na autovía que conectará as cidades de Lugo e Santiago.

Vázquez Torrón recoñeceu que é unha autovía “á que lle faltan dous tramos”. “Hai un que vai máis avanzado que outro porque, á parte de problemas con patrimonio, había outras cuestións co contrato que estamos a solucionar, que é o tramo Melide-Arzúa“, precisou. O que vai “máis avanzado e ao que esperamos darlle un impulso importante é o de Palas e Arzúa, ademais aí estamos co viaduto de Pambre que é espectacular”, dixo.

Sergio Vázquez confía que “no 2023” se poida “ter polo menos este tramo finalizado, que se atopa ao 50 por cento”. En canto ao conxunto da autovía, e a súa conclusión, o secretario xeral de Infraestruturas puntualizaba que “ou a finais dese propio ano ou no 2024”.

“Non me gusta tampouco dar un prazo fixo ata que vaiamos solucionando os temas contractuais. En canto estea despexado imos aumentar o ritmo, tamén cos condicionantes ambientais e patrimoniais que temos. Non é unha cuestión orzamentaria”, concluía Sergio Vázquez Torrón.

NOVA GLORIETA

O secretario xeral de Infraestruturas, ademais, anunciou outras actuacións nun acto no que participou xunto á alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, e o presidente da Deputación Provincial, José Tomé.  No acto tivo lugar a firma do convenio de transmisión dos terreos necesarios para a execución da nova glorieta entre a estrada N-6 e a rúa Alfonso X en Lugo, á que o Goberno destinará medio millón de euros. A firma levouse a cabo no salón de plenos do Concello lucense, coa presenza tamén do delegado do goberno en Galicia entre outros.

En concreto, o Concello de Lugo cede case 500 metros cadrados e a Deputación 371 metros cadrados. Unha actuación que, segundo indicaron, vén de 2011 e quedaba no “esquecemento” ata que se volvía a retomar no ano 2018 por parte do actual Goberno de Pedro Sánchez.

Vázquez Torrón asegurou que “xa non hai desculpa” para acometer estes traballos, “agora temos os terreos e o proxecto e poderase facer unha licitación inminente”, comprometeu.

Ao non ser unha obra de moita “envergadura”, o secretario xeral de Infraestruturas calcula que os traballos “se poden iniciar a finais de ano ou o próximo ano, pero está encarrilada”.

Pola súa banda, a alcaldesa, Lara Méndez, destacou que esa obra vai significar “aliviar o tráfico no Nacional V e sobre todo facer diso unha vía segura que é outro dos obxectivos que nos marcamos”.

ÚLTIMAS

Morre un traballador en Baleira ao sufrir unha caída desde unha estada

Un home faleceu no mediodía deste venres no municipio lugués de Baleira ao sufrir unha...

A Deputación de Lugo dá luz verde á mellora das estradas provinciais

A xunta de goberno da Deputación de Lugo deu luz verde a licitar, por...

Un xulgado de Lugo condena a Correos a recoñecer unha subida salarial denegado a unha empregada de baixa por maternidade

O xulgado do social número 1 de Lugo condenou a Correos e á Seguridade Social a...

A Audiencia de Lugo absolve por falta de probas a un acusado de agresión sexual á filla menor de idade da súa parella

A sección segunda da Audiencia Provincial de Lugo absolveu a un acusado dun delito continuado...