InicioSociedadeA Xunta adica 145.000 euros á asistencia á muller en Lugo central

A Xunta adica 145.000 euros á asistencia á muller en Lugo central

A partida servirá para manter operativos os Centros de Información á Muller do centro da provincia e para desenvolver políticas de igualdade

PUBLICADA O

- Advertisement -

O goberno galego adica neste 2018 un total de 145.000 euros á asistencia directa á muller no centro da provincia de Lugo. A partida servirá para soster os centros específicos de Lugo e Palas de Rei, así como para o desenvolvemento de medidas de igualdade na zona.

Esta liña de acción correspóndelle á Secretaría Xeral de Igualdade, dependente da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza. Da aportación do executivo autonómico dependen os 28 traballadores dos Centros de Información á Muller (CIM) da provincia, que desenvolven labores de dirección, asesoramento xurídico, atención psicolóxica, axentes de igualdade ou de fomento do traballo en rede e de dinamización do territorio con enfoque de xénero.

Dentro da partida asignada, 72.600 euros adicaranse ao CIM de Palas de Rei, que conta con catro traballadores, e da cobertura a Antas de Ulla, Guntín e Portomarín; e 45.000 ao de Lugo, que dispón de dúas especialistas.

Segundo subliñou o delegado territorial da Xunta, José Manuel Balseiro, a rede de centros de información á muller constitúe un instrumento fundamental para a implantación de políticas de igualdade eficaces na en Galicia. Estes espazos axilizan o acceso a orientación e asoramento en materia de dereitos e igualdade, promovendo a participación activa. Así e todo, a función esencial dos CIM é a atención personalizada a vítimas de violencia machista.

Por outra banda, a Secretaría Xeral de Igualdade aportará 28.000 euros aos concellos de Outeiro de Rei, Pol e Rábade, para deste xeito pór en marcha políticas de igualdade e programas de fomento da conciliación laboral e familiar.

+ posts

ÚLTIMAS

Piden cinco anos de prisión para un home que agrediu cun vaso a dúas persoas no exterior dun pub de Lugo

A Audiencia Provincial de Lugo xulgará o vindeiro martes, día 7, a un home...

A Deputación de Lugo responde ao PP sobre a incorporación dun funcionario de administración local

  A Deputación Provincial de Lugo, ante as declaracións realizadas polo Grupo Provincial do Partido...

Concello de Lugo e CHMS colaborarán para recuperar a contorna da rúa Fermín Rivera

O alcalde de Lugo, Miguel Fernández, e o presidente da Confederación Hidrográfica Miño-Sil (CHMS),...

A Deputación de Lugo pide á Xunta reformular o anteproxecto de lei de administración local

O Pleno da Deputación de Lugo aprobou este martes unha proposta de Goberno en...