InicioSociedadeDenuncian os despedimentos dunha empresa concesionaria do servizo das ambulancias en Lugo

Denuncian os despedimentos dunha empresa concesionaria do servizo das ambulancias en Lugo

A CIG tamén sinala incumprimentos sanitarios por parte da compañía Luis Iglesias Carreira SL, que actúa en Lugo, Navia, Becerreá, Vilalba, Palas de Rei, Guitiriz e Pedrafita.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Confederación Intersindical Galega (CIG) denunciou os despedimentos efectuados pola empresa Luis Iglesias Carreira SL, concesionaria do servizo de transporte sanitario urxente en varios concellos da provincia de Lugo e á que tamén acusa de incumprir obrigas laborais e sanitarias cos seus empregados.

Este luns, o sindicato realizou unha concentración ás portas do Servizo de Mediación Arbitraxe e Concialiación (SMAC) de Lugo, onde tivo lugar un acto de conciliación polo despedimento dunha traballadora de Navia de Suarna.

Segundo a CIG, esta adxudicataria (que presta o servizo en Lugo, Navia, Becerreá, Vilalba, Palas de Rei, Guitiriz e Pedrafita) decretou “varios despedimentos desde que foi asumida a empresa a través do empresario Rubiero-Xirón”.

INCUMPRIMENTOS SANITARIOS

Para a central nacionalista, a compañía “non está a asumir puntualmente as súas obrigas salariais e segue incumprindo as garantías en materia de saúde laboral”, en concreto, no relativo á uniformidade e a desinfección.

Así as cousas, a CIG tacha esta situación de “inaudita” e asegura que a “única contestación” da empresa é “asumir despedimentos de persoal co diñeiro dos novos contratos da Fundación Pública de Urxencias Sanitarias 061”.

FUNDACIÓN URXENCIAS SANITARIAS

Pola súa parte, a Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061 saíu ao paso da denuncia efectuada pola CIG e asegura que as relacións laborais entre Luis Iglesias Carreira e o seu cadro de persoal “constitúen un asunto estritamente privado”.

Así, fontes de Urxencias Sanitarias indican que son “responsabilidade exclusiva” das concesionarias tanto o “mantemento das condicións sociosanitarias e de saúde laboral no lugar de traballo” como “as retribucións” para os empregados.

Neste sentido, lembra que leva a cabo tarefas de seguimento do contrato de prestación do servizo e realiza inspeccións periódicas das unidades asistenciais de soporte vital básico e avanzado.

+ posts

ÚLTIMAS

A moción de Lugo incendia o Parlamento entre acusacións de “compra de vontades”, transfuguismo e “hipocrisía”

A moción de censura de Lugo volveu este martes ao centro do debate político...

Morre un mozo despois de caerlle encima unha tubaxe de 500 quilos

Un mozo faleceu este mércores no municipio lucense de Vilalba tras caerlle encima un...

Pontón aplaude o traballo do BNG no Concello de Lugo e advirte: “Lugo non perdoará aos traidores”

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, defendeu o labor do tenente de alcalde...