InicioA UlloaMonterrosoInvestigan dous vídeos de presos de Monterroso consumindo droga

Investigan dous vídeos de presos de Monterroso consumindo droga

Instituciones Penitenciarias abriu unha investigación para esclarecer o acontecido.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Instituciones Penitenciarias investiga dous vídeos gravados por internos do centro Penal de Monterroso nos que aparecen consumindo droga e presumindo de ter obxectos prohibidos, como un teléfono móbil ou unha tatuadora.

Segundo informa “El País”, polo menos sete presos participaron na gravación clandestina dos vídeos a semana pasada na “sala de día” dun dos módulos do centro onde os presos realizan actividades ou ven a televisión baixo a vixilancia de, polo menos, un funcionario de prisións.

Fontes de Instituciones Penitenciarias explicaron a Efe que se están investigando os vídeos e identificando aos presos que interviñeron nesa gravación.

Interior tamén trata de esclarecer a procedencia do móbil e como os internos puideron conseguir as sustancias e o material prohibido para os presos que se mostra nas imaxes.

Ademais, tenta aclarar se os presos non tiñan vixilancia no momento no que se gravaron as imaxes, tal e como explica un deles nos vídeos, mentres outro afía un obxecto e un terceiro fai unha tatuaxe nas costas a un compañeiro cunha máquina.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación adxudica por 2,5M€ un novo sistema informático que modernizará a xestión tributaria

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo deu este venres luz verde á...

Obras de pavimentación arredor da Intermodal en horario nocturno

O Concello de Lugo informa de que durante as noites do 15, 16 e...

Miguel Fernández acusa a Candia de poñer en risco proxectos estratéxicos para Lugo

O portavoz socialista traslada aos veciños e veciñas que non permitirá que a parálise...

Ofrenda do Antigo Reino de Galicia esta fin de semana en Lugo

O Concello de Lugo ten xa preparado o programa de actos da tradicional Ofrenda...