InicioSucesosDetido un home de Antas de Ulla por unha agresión machista en...

Detido un home de Antas de Ulla por unha agresión machista en Vigo

O agresor golpeou á parella logo de que a muller, que tivo que fuxir co fillo en brazos, lle recriminase o consumo de cocaína

PUBLICADA O

- Advertisement -

Un home natural de Antas de Ulla foi detido por un suposto delito de violencia de xénero cometido en Vigo. Logo de que a parella lle recriminase consumir cocaína, este individuo agrediu á muller, que tivo que escapar da vivenda.

Os feitos producíronse na noite do luns en Vigo. Segundo o relato da vítima, a discusión polo consumo de drogas levou a A.P.C. a adoptar unha actitude violenta. Isto obrigou á parella a refuxiarse nun dos cuartos do inmoble, dende o que contactou coa Policía Local.

Como reflicte o comunicado do corpo de seguridade municipal, os axentes foron comisionados pola Central de Información e Mando ás 22,50 horas, dirixíndose á rúa María Auxiliadora. No entanto, o veciño de Antas foi quen de acceder á habitación e retirarlle o teléfono, polo que a muller fuxiu co fillo que teñen en común.

Xa no lugar, a Policía Local tomou declaración á vitima, que portaba ao neno en brazos, e presentaba unha lesión. Os axentes comprobaron que había obxectos tirados no chan do piso onde se produciron os feitos, e procederon a indentificar e deter ao varón, que ameazou verbalmente á muller.

+ posts

ÚLTIMAS

Lugo contará cun xulgado especializado en violencia machista por “demanda histórica”

O delegado do Goberno en Galicia, Pedro Branco, destacou en Lugo que o Goberno...

A Deputación destina 70.000 euros para mellorar a mobilidade en Negueira, O Vicedo e Muras

A Deputación de Lugo anunciou estes venres novos investimentos por un importe conxunto que...

Declaración polo 8M da Deputación de Lugo centrada nas mulleres que “sosteñen a administración local”

A Xunta de Voceiros da Deputación, convocada este xoves pola Presidenta Carmela López, aprobou...

A Deputación contará con dezaseis novos empregados públicos que xa tomaron posesión

A Presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, deu este venres a benvida a...