InicioSociedadeO mal estado das instalacións de Antas ameaza o seu futuro económico

O mal estado das instalacións de Antas ameaza o seu futuro económico

Os veciños lamentan a falta de servizos e o mal estado dos equipamentos municipais, deficiencias con impacto no turismo estival

PUBLICADA O

- Advertisement -

O verán é unha época chave para moitos concellos galegos, tanto da costa coma do interior, pola afluencia de visitantes. E así debería de ser en Antas de Ulla, mais a realidade é que os negocios deste concello da Ulloa, centro xeográfico de Galicia, atopan que hai menos actividade da esperada. Os veciños achacan este déficit á falta de servizos e o mal estado das instalacións das que é responsable o goberno local.

Existe malestar entre os habitantes de Antas, que non comprenden por que o parque infantil leva pechado seis meses. Sendo a fixación de poboación un problema común no rural da provincia, a clausura indefinida deste punto de reunión e lecer complica a conciliación familiar. O parque semidesmantelado está arrodeado por unha cinta que os cativos saltan para xogar cos elementos aínda enteiros, mentres aqueles que precisan reparación seguen sen atención nin limpeza.

O parque infantil de Antas de Ulla, precintado e sen reparación

A mala situación deste espazo supón un risco para os máis pequenos, do mesmo xeito que sucede co pavillón. A instalación deportiva leva demasiado tempo, máis dunha década incluso, con porterías rotas, desperfectos nos cristais e as canastras de baloncesto inutilizables. E non é mellor a situación dos vestiarios, comparados cunha zona de guerra.

Coa chegada do verán resulta sorprendente que as piscinas públicas sigan sen abrir as portas. O ano anterior, a alcaldía do popular Javier Varela Pérez decidiu restrinxir o uso da piscina vella –que con catro décadas de historia é unha das máis antigas de Lugo– por mor da seca. A falta de precipitacións serviu de escusa para desatender o céspede, que mudara en terra durante 2017. Así e todo, as condicións deste 2018 son ben distintas en canto a pluviosidade.

As piscinas de Antas de Ulla están pechadas
As piscinas de Antas de Ulla están pechadas

Dende o Concello explican que non poden abrir a piscina vella nin as dúas modernas por mor das fendas, algo que era sabido hai tempo pero que non foi arranxado a tempo. Para os veciños é inescusable que piscinas que podían recibir en xullo e agosto a un milleiro de persoas diarias, enchendo bares e restaurantes próximos, estean pechadas durante o estío.

Onde si se fixeron reformas, na Praza de España, as xentes de Antas botan en falla árbores que axuden a paliar a calor no ambiente e sirvan de cobertura fronte ao sol directo.

A veciñanza de Antas reclama que os recursos necesarios sexan empregados para que o pobo, que podería mellorar a súa perspectiva económica precisamente durante o verán, poida atraer a máis visitantes e manter a actividade comercial do lugar.

O pavillón de Antas amosa desperfectos visibles
O pavillón de Antas amosa desperfectos visibles

ÚLTIMAS

Interceptan en Lugo a un home circulando sen permiso de condución

A Policía Local de Lugo interceptou este luns a un home que circulaba pola cidade e...

A Deputación de Lugo traslada á Plataforma Pro Residencia de Becerreá a súa “vontade” de abrir o centro canto antes

O deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera, reuniuse este luns no Pazo...

A CIG acusa á patronal da limpeza de Lugo de ir á mediación “sen ningún avance”

A CIG criticou que a patronal da limpeza de Lugo acudise este luns á...

O lucense Antonio de Ron, distinguido co ‘Meritorius Service Award’ dunha insitución dos EE.UU.

Antonio de Ron Pedreira (Lugo, 1952), profesor vinculado 'ad honorem' do Consello Superior de...