InicioMedioambiente e PatrimonioOs concellos da ribeira presentan o Goza do Ulla 2018

Os concellos da ribeira presentan o Goza do Ulla 2018

O programa de rutas de sendeirismo Goza do Ulla abrangue 20 dos municipios polos que discorre este río. As camiñatas, que se desenvolverán os venres e sábados, poranse en marcha o 26 de maio e rematarán o 28 de outubro

PUBLICADA O

- Advertisement -

O programa Goza do Ulla naceu en 2011 coa participación de 5 concellos ribeireños. Sete anos despois, toman parte nel 20 municipios das tres provincias polas que discorre o Ulla. Son os concellos de A Estrada, Agolada, Antas de Ulla, Arzúa, Boqueixón, Catoira, Dodro, Monterroso, Padrón, Palas de Rei, Pontecesures, Rianxo, Santiso, Silleda, Teo, Touro, Valga, Vedra, Vila de Cruces e Vilagarcía.

O alcalde de Vilagarcía de Arousa, Alberto Varela Paz, presidiu o acto no que lembrou que Vilagarcía non foi un dos concellos fundadores do programa. “Vimos pronto a potencialidade da mesma e as oportunidades que representaba unir forzas a nivel supramunicipal para crear un gran recurso turístico baseado na natureza, o patrimonio, a cultura, a etnografía e a gastronomía”, aseverou. O concello arousán integrouse no ano 2015 na iniciativa tendo en conta que a desembocadura do Ulla ábrese nas parroquias de Bamio e Carril para fundir as súas augas coas da Ría. O rexedor destacou que xusto aquí se atopa “a xoia natural” de Cortegada, enclave do Parque Nacional das Illas Atlánticas, “formada cos limos que o Ulla foi depositando durante milleiros de anos” e que aporta un valor engadido a resaltar dentro deste programa.

Varela apuntou que “os vinte concellos temos atractivos máis que suficientes e de gran valor para amosar, dos que presumir e aos que sacarlle un rendemento sostible, acorde cos tempos nos que vivimos, dos que podamos gozar respectando e poñendo en valor o medio natural e rural, tal como podermos comprobar en cada un dos roteiros que temos preparados para este ano”.

Máis de 250 quilómetros da Gran Ruta

A reunión serviu tamén para sentar as bases para a creación da Gran Ruta do Ulla, que se articulará unindo os roteiros habilitados por cada concello, de xeito que se contará con máis de 250 quilómetros de sendeiros ininterrompidos que terán como nexo común a curso fluvial. O alcalde de Vilagarcía felicitou a todos os concellos por “saber aproveitar as nosas sinerxias co obxecto de poñer en marcha este ambicioso proxecto para o cal buscaremos obter a homologación como Gran Ruta por parte da Federación Galega de Montañismo e a inclusión na Rede de Camiños Naturais do Ministerio de Medio Ambiente”.

Este gran proxecto, que conta co compromiso de participación da Xunta de Galicia na redacción do proxecto e na execución da actuación, “repercutirá de forma moi positiva nos nosos municipios”.

Para a posta en marcha desta iniciativa, é preciso constituír unha asociacións cos concellos participantes. O borrador dos estatutos xa está elaborado e remitirase en breve a todos os municipios para que o revisen antes de proceder a súa aprobación e a constituír oficialmente a entidade.

ÚLTIMAS

Polémica por 300 hectáreas de monte veciñal no paraíso hippie de Negueira de Muñiz

É posible atopar restos de neve nos costados da sinuosa estrada que descende desde...

O Colexio de Arquitectos de Galicia presenta alegacións ao proxecto de Altri en Palas e pide máis información

O Colexio oficial de Arquitectos de Galicia (COAG) acordou presentar alegacións ao Estudo de...

O vello profesor Xesús Alonso Montero volta ao seu instituto de Lugo para unha gran homenaxe

O destacado escritor, lingüista, profesor e ex presidente da Real Academia Galega (RAG), Xesús...

O BNG urxe ao Ministerio de Transportes realizar actuacións na N-6 ao seu paso polos concellos lucenses

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, rexistrou varias iniciativas na cámara baixa...