InicioA UlloaAcusan ao candidato do PP de Burela de exercer “irregularmente” de xuíz...

Acusan ao candidato do PP de Burela de exercer “irregularmente” de xuíz de paz de Cospeito

O PSOE asegura que incumpriu as obrigas para exercer o cargo de "residir no municipio" e de "carecer de afiliación política ou sindical" e insta a Rouco a "dar explicacións".

PUBLICADA O

- Advertisement -

PSOE de Burela denunciou este venres que o candidato do Partido Popular (PP) á alcaldía, Manuel Rouco, exerceu durante catro anos como xuíz de paz no concello de Cospeito incurrindo en dúas “incompatibilidades graves” respecto das obrigas para ostentar o cargo “de residir nese municipio e de carecer de afiliación a partidos políticos e sindicatos ou non ter emprego ao servizo dos mesmos”.

O secretario xeral do PSOE burelao, Ramiro Fernández Rey, explicou que segundo o Boletín Oficial da Provincia (BOP), Rouco foi nomeado xuíz de paz de Cospeito por primeira vez en xuño do 2014, un cargo para o que foi reelixido o pasado 18 de xaneiro.

Os socialistas dubidan da regularidade do proceso, xa que, afirman, no pasado mes de agosto presentáronse tres veciños de Cospeito para o cargo, cando Rouco está “empadronado en Burela”.

Preguntado no pleno do municipio chairego sobre esta situación, o alcalde, o popularArmando Castosa, “negouse a dar explicacións aos nosos compañeiros do PSOE, alegando que non se trataba dun tema relevante”, expuxo Fernández Rey.

O PSOE PREGUNTA A ROUCO “COMO OBTIVO O CARGO” E “QUE DOCUMENTACIÓN PRESENTOU” PARA SOLVENTAR “INCOMPATIBILIDADES GRAVES”

“O Concello decidiu non elevar a proposta, polo que decide o cargo o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG). Cal é a nosa sorpresa cando na listaxe aparece unha persoa que reside a case cen quilómetros de Cospeito e que épresidente da xunta xestora dos populares no noso municipio”, explican.

Rouco ostenta a presidencia desde decembro do 2016, e os socialistas lembran que tamén “exerceu como asesor do PP na Deputación de Lugo“, polo que sospeitan doutra presunta irregularidade.

Fernández Rey apunta ademais que entre os candidatos propostos polo TSXG aparece o nome de Silvia Mon Pernas, “cuxo nome coincide co da esposa do candidato do PP burelao”. Así, o PSOE de Burela denuncia un caso de “nepotismo” e insta a “darexplicacións” a Rouco, ao que acusa de “tramposo”.

A xuízo dos socialistas, Rouco ten que aclarar “como obtivo o cargoque documentación presentou e canto diñeiro percibiu, entendemos que por un posto que ocupou irregularmente”. Así, instan ao candidato popular a “devolver” o diñeiro recadado.

Fernández Rey e a edil Noelia Ben, durante a rolda de prensa. AXM

Fernández Rey pregúntase “que tipo de lexitimidade terá Rouco, se goberna, parapedirlle aos burelaos que cumpran a lei, que tipo de lexitimidade ten para facer oposición ou para pedir explicacións ao goberno local de Burela pola súa labor”.

O secretario xeral dos socialistas burelaos asegura que un candidato á alcaldía debera “dar exemplo. Na política hai que ter unha ética e respectar as leis que temos neste país”, conclúe.

Os socialistas aseguran que polo de agora non presentarán medidas contra o que entenden como unha irregularidade. “Imos esperar que nos dea as explicacións que merecen os veciños de Burela”, indican.

ROUCO PEDIU A BAIXA “VOLUNTARIA”

Rouco, pola súa banda, emitiu un comunicado no que asegurou que solicitou a baixa como xuíz de paz titular de Cospeito “de forma voluntaria”.

O alcaldable dos populares adxunta unha copia unha consulta realizada ao TSXGsobre a posibilidade de compatibilizar o cargo con formar parte dun grupo político e argumenta que, malia que non está previsto que reciba resposta ata “despois do 15 de marzo”, tomou a decisión de non aceptar o cargo “nun exercicio de absoluta responsabilidade”.

O CANDIDATO POPULAR ASEGURA QUE ESPERA UNHA RESPOSTA DO TSXG SOBRE A SUPOSTA INCOMPATIBILIDADE

Rouco tramitou a consulta o pasado 25 de febreiro, 45 días despois de ser anunciado oficialmente como candidato dos populares e máis dun mes despois de que se publicase a súa reelección como xuíz de paz de Cospeito. Con todo, asegura, non é “un candidato oficial, pois as candidaturas non se formalizan ata que se presentan na xunta electoral da zona”.

ÚLTIMAS

Baixa o paro en Lugo un 2,1% en abril

O número de parados rexistrados nas oficinas galegas dos servizos públicos de emprego baixou en...

Collen a un condutor coa taxa máis alta de alcol no que vai de ano, cinco veces máis do permitido

A Policía Local de Lugo interceptou este fin de semana a un condutor que quintuplicaba a taxa...

O BNG denuncia que a Xunta “siga marxinando” a Lugo, ao non reclamar un xulgado específico de violencia de xénero

O portavoz do BNG en Lugo, Rubén Arroxo, considerou como "unha nova marxinación" á cidade o anuncio...

O Concello de Rábade prepara un “reacollo estable” para os 13 membros da familia cuxa casa resultou calcinada

O Concello de Rábade ultima os trámites para poder ofrecer unha "reacollo estable" aos 13 membros,...