InicioCulturaA provincia de Lugo arrasa na XXI Cata dos Queixos de Galicia

A provincia de Lugo arrasa na XXI Cata dos Queixos de Galicia

Con cinco ouros entre seis categorías, a provincia de Lugo recobra a hexemonía nos Queixos Denominación de Orixe Protexida

PUBLICADA O

- Advertisement -

As Catas de Galicia 2018 posicionan a Lugo coma referente indiscutible na produción de queixo. A provincia acadou a máxima distinción (Ouro) en cinco das seis categorías entre as Denominacións de Orixe Protexidas (DOP). Recobra así a hexemonía despois de que na edición anterior fose A Coruña a máis premiada.

Anualmente, a Axencia Galega de Calidade Alimentaria concede os galardóns que identifican aos mellores queixos e meles de Galicia, por seren dúas das producións máis senlleiras do agro galego. Neste 2018, a provincia de Lugo arrasou con ouros en cinco das seis DOP, a excepción do queixo Arzúa-Ulloa, no que resultou gañador o Dona Cobiña, de Cobideza, en Agolada.

Así, o protagonismo foi para a queixeira vilalbesa Crisanto –ouro en Tetilla e San Simón da Costa–, en compañía de Antonio Ferreiro con Artelac –ouro en Arzúa-Ulloa Curado para o de Antas de Ulla, asemade quinto en Tetilla–, o Gran Despensa –ouro en Cebreiro para a Real Abadía de Samos– e Carlos Reija –ouro en Cebreiro Curado para o Santo André, feito en Castroverde–. Daniberto obtivo dous meritorios bronces en Tetilla en San Simón da Costa, Denominación na que que o tamén vilalbés Javier Piñeiro acadou a prata.

O futuro da transformación

Ovidio Rodeiro

Durante a entrega de premios da XXI edición de Catas dos Queixos de Galicia e da XVII edición de Catas dos Meles de Galicia, o presidente do goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, salientou a aposta pola transformación dos produtos alimentarios para crear valor engadido, eido que percibiu un investimento da Xunta de 80 millóns de euros entre 2016 e 2018, posibilitando unha mobilización total de 230 millóns en investimentos público-privados. O sector lácteo foi o máis beneficiado en termos relativos.

Entre outros avances, Feijóo referiuse á nova liña de produción de queixos de Entrepinares en Vilalba entre “os exemplos nos cales mirarse”, por confiar na transformación da materia prima, coa seguridade de que maior valor engadido equivale a maior prezo e maior facturación.

Así mesmo, o presidente da Xunta subliñou a importancia da innovación, lembrando que o vindeiro mes de xaneiro verá a posta en marcha da primeira aceleradora galega do sector da alimentación. Unha nova Business Factory para acelerar e consolidar ás compañías innovadoras neste sector, cos obxectivos de captar e reter talento, fortalecer o posicionamento dos produtos alimentarios, e incrementar a proxección internacional dos produtos.

“Estamos a falar dunha nova aceleradora que contará con tres edicións e coa previsión de mobilizar arredor de 6 millóns de euros ata 2021, impulsar 26 iniciativas e xerar arredor de 60 empregos”, engadiu, resaltando tamén a creación da Axencia Galega da Calidade Alimentaria para promover e protexer a calidade diferencial dos produtos alimentarios amparados baixo estes indicativos; así como da Área de Calidade Alimentaria específica con rango de subdirección, que terá como obxectivo ser o interlocutor permanente coas denominacións de orixe e indicacións xeográficas, para garantir a calidade diferenciada das producións agroalimentarias, a formación das persoas que traballan neste ámbito e a investigación ligada ao produto.

As DOP e IXP, en datos

Todos eles instrumentos para seguir poñendo en valor o carácter singular dos produtos que conforman as 33 denominacións de orixe e indicacións xeográficas do sector, ás que hai que engadir as producións ecolóxicas certificadas na Comunidade.

Ao longo da súa intervención, o presidente da Xunta destacou o valor total da produción certificada, superior aos 400 millóns de euros, dos cales preto do 10% corresponden a queixos e meles. E o número de produtores en activo, que chega aos 23.000.

Nesta mesma liña, recordou que do volume total de produción de mel certificado en España, a Comunidade galega representa máis do 64 %, grazas á Indicación Xeográfica Protexida Mel de Galicia. Non en van, só o pasado ano, esta indicación alcanzou un valor económico superior aos dous millóns de euros, mentres que as catro denominacións de orixe queixeiras superaron os 34 millóns, situándose tanto o Arzúa-Ulloa como o Queixo de Tetilla nas primeiras posicións do ránking de queixos nacionais: por produto comercializado atópanse no segundo e cuarto posto, respectivamente; mentres que por valor económico se sitúan no segundo e no quinto, respectivamente.

ÚLTIMAS

Dous irmáns lucenses, promesas do piragüismo español

Un día de semana ás 10:00 horas da mañá en pleno verán, Hugo Argiz e...

O pleno municipal aproba esixir á Xunta que garanta o dereito das mulleres a abortar na provincia

O pleno do Concello de Lugo aprobou este venres, co voto a favor de...

Un conductor ferido grave tras caer por un terraplén no Corgo

O condutor dun vehículo resultou ferido de gravidade tras saírse da vía e caer por un...

Doa sangue e levarás gratis unha entrada para o cinema

A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) e o Centro Comercial As...