InicioA UlloaA Feira de Santos de Monterroso desafía o mal tempo da borrasca...

A Feira de Santos de Monterroso desafía o mal tempo da borrasca Ciarán

Besteiro, os conselleiros do Mar e de Medio Rural e deputados do BNG, entre os visitantes.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Feira de Santos de Monterroso desafiou este mércores ás inclemencias do tempo provocadas pola borrasca Ciarán e acolleu un ano máis por centos de visitantes, locais e turistas, que acoden a visitar os centos de postos agroalimentarios e de maquinaria agrícola.

A feira, cuxo orixe se remonta á Idade Media, está declarada de Interese Turístico. Entre os asistentes, estiveron o conselleiro de Medio Rural, José González, e o conselleiro do Mar, Alfonso Villares, que puxeron en valor a importancia da gastronomía local e o bo facer dos produtores galegos.

Tamén acudiron a deputada do BNG por Lugo no Parlamento, Carmen Aira, xunto ao concelleiro da localidade, Brais Vázquez, que destacaron que se trata dunha das citas “máis importantes do ano do rural galego”.

Carme Aira enxalzou as posibilidades e a calidade dos produtos que se producen no rural. “Monterroso demostra na súa feira que Galicia é un país rico e diverso cun milleiro de posibilidades, pero o que fai falta son proxectos transformadores nos concellos e no país para dinamizar e contribuír á mellora da calidade de vida das persoas que viven no rural”, remarcou.

O que tamén asistiu foi o candidato dos socialistas galegos á Xunta, José Ramón Gómez Besteiro, que reivindicou o protagonismo dos autónomos e empresas familiares que “unen tradición e innovación”. “Son un orgullo para o noso país e un exemplo de desenvolvemento rural de Galicia grazas aos fondos europeos que conseguimos os socialistas”, subliñou.

Ademais, lamentou a ausencia do presidente da Xunta no evento. “Hoxe aquí en Monterroso debería estar a tomar nota, pero non o vexo. A quen si vexo é ao presidente da Deputación de Lugo, José Tomé, e aos compañeiros alcaldes socialistas da provincia”, sinalou.

ÚLTIMAS

Acepta 10 anos de prisión por dúas violacións, pero só cumprirá seis meses antes de ser expulsado do país

Un home de nacionalidade colombiana confesou este xoves na Audiencia Provincial de Lugo ser...

Detido en Lugo por apuñalar a outro home tras unha discusión na rúa

A Policía Local de Lugo detivo a un home por apuñalar cunha navalla a...

Toma posesión a nova presidenta da Audiencia Provincial de Lugo

A maxistrada Sandra María Piñeiro Vilas tomou este xoves posesión como presidenta da Audiencia...

A Policía detén dous homes por presunta violencia machista en dous días consecutivos

A Policía Local de Lugo detivo o domingo e o luns a dous homes...