InicioSociedadeAumentan en doce as persoas ingresadas con covid en Lugo, que mantén...

Aumentan en doce as persoas ingresadas con covid en Lugo, que mantén libres as UCI

Os casos activos redúcense ata os 1.616.

PUBLICADA O

- Advertisement -

As persoas ingresadas pola Covid-19 volven superar o medio milleiro no conxunto de Galicia, con 548, que supoñen 73 máis que o sábado –o Sergas non actualiza os datos nin domingos nin festivos–; mentres que os casos activos descenden a 11.506 –implican 436 menos–, mentres que comeza esta semana Santa con 698 novos casos abertos nas últimas 24 horas. Pola súa banda, a taxa de positividade descende a un 21,5% e Galicia suma outros 11 falecementos por esta pandemia.

Segundo os datos actualizados este luns pola Consellería de Sanidade, con rexistros ata as 18,00 horas do domingo, recollidos por Europa Press, aínda que descenden a 14 as persoas hospitalizadas en UCI pola Covid-19 en Galicia –catro menos–, aumentan a 548 as ingresadas en unidades convencionais –77 máis–, mentres que 10.944 permanecen en seguimento no seu domicilio. Hai unha semana –o luns 4 de abril– había 530 persoas hospitalizadas, 17 deles en críticos.

Por áreas sanitarias, a presión hospitalaria aumenta nas sete. En concreto na área de Lugo mantense como a única de Galicia sen persoas en críticos e rexistra 48 noutras unidades –12 máis–.

BAIXAN OS CASOS ACTIVOS

Os casos activos recuperan a tendencia descendente e sitúanse en 11.506, que implican 436 menos que o sábado, ao haber máis altas (2.048) que contaxios (1.623), ao que se engaden 11 falecidos. Deste xeito, no inicio desta semana retoman as infeccións activas a tendencia descendente desde a entrada en vigor o pasado 28 de marzo de novo protocolo de vixilancia da Covid-19 polo que xa non se contabilizan os autotest e non se fan illamentos salvo excepcións. O luns anterior– 4 de abril– había 13.878 casos activos.

As infeccións activas descenden de maneira xeneralizada nas sete áreas, coa da Coruña e Cee á cabeza (-136), seguida da de Vigo (-81), Lugo (-70), Ourense (-66), Ferrol (-61), Pontevedra e O Salnés (-20) e Santiago e Barbanza (-1). Así, con máis infeccións activas mantense a área da Coruña e Cee, con 2.214; seguida da de Vigo, con 2.175; Santiago e Barbanza, con 1.751; Lugo, con 1.616; Ourense, con 1.425; Pontevedra e O Salnés, con 1.260; e á cola continúa a de Ferrol, con 1.052.

Segundo o último informe actualizado polo Ministerio de Sanidade este pasado venres, 8 de abril, adaptado ao novo sistema de vixilancia da Covid-19 centrado en poboación vulnerable, a incidencia acumulada a 14 días en Galicia en maiores de 60 anos sitúase en 775,53 casos por 100.000 habitantes, mentres que a media estatal se reduce a 420,17.

ÚLTIMAS

O BNG propón destinar os 250 millóns de Altri a un plan para revitalizar as comarcas da Ulloa, Ulla e Arousa

A líder do BNG, Ana Pontón, propón que "os 250 millóns de euros que o...

Altri reúnese coa Asociación Agraria de Galicia e reivindica a sustentabilidade ambiental do seu proxecto

Membros do equipo directivo de Greenfiber (Altri), a compañía que proxecta unha fábrica de...

Rouban a anciáns en Palas de Rei mediante o método do abrazo cariñoso

A Garda Civil de Lugo alertou dun delito de furto co método do abrazo cariñoso tras o roubo...

Denunciados os donos de dous cans que atacaron a un viandante e á súa mascota en Lugo

Axentes da Policía Local de Lugo tramitaron denuncias contra os donos de dous cans que...