InicioCulturaTIAM Gz, hip hop "combativo" desde terras lucenses para o mundo

TIAM Gz, hip hop “combativo” desde terras lucenses para o mundo

Esta formación, con só dous anos de traxectoria, ten un futuro prometedor no horizonte do rap galego. Falamos con Iagueiro, un dos compoñentes do grupo.

PUBLICADA O

- Advertisement -

TIAM Gz naceu no verán do 2018 despois de que 4 amigos de sempre: Torozas, Iagueiro, Alessov e Mr. Mati -xuntade as iniciais de cada un e xa saberedes de onde vén o nome da banda- decidiron mercar un micro e gravar de xeito caseiro unhas letras moi reivindicativas e poñerlles melodía de rap. Recoñecen que este xénero musical é o que máis os representa porque permite máis liberdade de expresión ao que canta e convida á reflexión e ao pensamento ao que escoita.

Despois de meses de mesturas e probas, deron sacado en outubro de 2018 a mixtape “Cantigas”, composta por tres temas: “Escarnio”, “Amigo” e “Amor”. En marzo do 2019 sacaron o seu seguinte single: “Akelarre” e a partir de entón comezaron a chegar as primeiras propostas de directos no que foi un gran ano de relanzamento. Neste mesmo ano chegou “Arabic” (regetón combativo) e“Entropía”, este segundo tema moi recoñecido na comunidade hip hop galega sendo seleccionado entre os 25 mellores temas do ano 2019 por Hip Hop em galego.  No 2020 publicaron a finais de xaneiro o seu primeiro videoclip, do tema “Flows da Nada”, un traballo ‘moi currado’ que tivo unha gran acollida de crítica e público.

Podes ler a entrevista no Xornal de Lemos.

+ posts

ÚLTIMAS

As luces do San Froilán alumearán Lugo desde este venres mentres o Concello reforza o bus urbano

O alumeado decorativo do San Froilán 2026 acenderase este venres, 2 de outubro, ás...

O PP de Lugo acusa ao PSOE de manter a Tomé para non perder o goberno da Deputación

O voceiro provincial do PP de Lugo, Antonio Ameijide, acusou o PSOE de “seguir...

O PSdeG critica que só catro das 25 novas residencias anunciadas pola Xunta se situarán na provincia de Lugo

O PSdeG pediulle á Xunta que revise o reparto territorial do seu novo plan...

A Deputación de Lugo pide máis profesorado e apoio a residencias co voto contrario do PPdeG

O pleno ordinario da Deputación de Lugo celebrado este martes tivo como unha das...