InicioSociedadeOs nacementos non superan as defuncións en ningún concello da provincia de...

Os nacementos non superan as defuncións en ningún concello da provincia de Lugo

Un informe do IGE revela que a provincia de Lugo perdeu 3.126 persoas durante o 2018. A sangría demográfica continúa na primeira metade do 2019, período no que a poboación descendeu en preto de 700 habitantes.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Os datos demográficos non son moi esperanzadores na provincia de Lugo, onde o saldo vexetativo segue afundíndose logo de pechar o exercicio do 2018 con 3.126 habitantes menos ca no ano anterior. Ningún concello da provincia rexistrou máis nacementos ca defuncións.

O Instituto Galego da Estatística (IGE) publicou este venres un informe cun balance do movemento natural da poboación durante o ano 2018, ademais de ofrecer un adianto do que ocorreu na primeira metade do 2019.

Segundo eses datos, tan só sete concellos galegos presentaron saldo vexetativo positivo ao rematar 2018. Ningún deles está na provincia de Lugo, onde o número de nacementos baixou nun 5’9% respecto do ano anterior.

AS DIFERENZAS MÁIS ABISMAIS

Os concellos onde existe unha maior diferenza entre o número de bebés nacidos e persoas falecidas son a propia capital provincial (cun saldo vexetativo de -216 persoas) ou vilas grandes como Vilalba (-154), Viveiro (-144), Chantada (-127) e Monforte (-163). Chaman tamén a atención o concello de Castro de Rei, onde houbo 30 nacementos fronte a 122 mortes (-92); A Fonsagrada (-84) ou Ribadeo (-74).

No ano 2017, Burela fora o único concello da provincia en coarse entre os catorce galegos con saldo vexetativo positivo (naceran catorce persoas máis das que morreran), pero no exercicio do 2018 rachou con esa tendencia. O IGE revela que no 2018 os falecementos superaron en dúas unidades a natalidade.

A SANGRÍA CONTINÚA NO 2019

No informe, o IGE tamén ofrece un avance dos datos para os dous primeiros trimestres do ano 2019. Segundo esta información, na provincia de Lugo faleceron 1.113 persoas durante o pasado ano, pero só naceron 446 crianzas, de maneira que a diferenza se sitúa preto das 700 persoas.

ÚLTIMAS

Ferido o condutor dun tractor tras caer por un desnivel nunha zona forestal de Becerreá

Un home resultou ferido este mércores tras unha caída desde un tractor, que acabou...

Investigados catro homes por roubar 250 metros de cable telefónico en Quiroga

A Garda Civil de Lugo investiga a catro veciños de Ponteareas como presuntos autores...

O PP de Lugo denuncia un “estado total de abandono” do Museo Interactivo de Historia

O Partido Popular de Lugo acusou ao Goberno local de ter "nun estado total...

O Senado insta ao Goberno a facer melloras ferroviarias en Lugo e o PSOE lémbralle que foi o PP quen parou a intermodal

O Senado instou ao Goberno central a "comprometer investimentos para a mellora de infraestruturas viarias...