InicioSociedadePremios ás mulleres empresarias e emprendedoras

Premios ás mulleres empresarias e emprendedoras

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Deputación e o Concello de Lugo impulsan unha nova edición dos Premios Son Muller, uns galardóns destinados a premiar as iniciativas das emprendedoras da provincia.

Estes premios están destinados a emprendedoras e empresarias lucenses, que teñan o seu domicilio social e fiscal como empresa na provincia, que estean dadas de alta como autónomas ou sexan parte dunha sociedade empresarial, así como que cumpran coas obrigas fiscais e coa Seguridade Social.

O Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, dixo durante a presentación que este tipo de iniciativas “contribúen a visibilizar, poñer en valor e promocionar o traballo das mulleres como piar económico da provincia”. A Deputación colabora con estes premios cunha achega económica de 3.500€ e cun vídeo promocional elaborado polo departamento de Servizos Audiovisuais. 

As empresarias e emprendedoras lucenses interesadas en participar nos Premios Son Muller poden inscribirse ata o día 8 de decembro. As bases e a información sobre o certame atópanse en www.empresariaslugo.org ou no 982.22.69.91. 

Categorías e premios

Os Premios Son Muller contan con 3 categorías. O primeiro é Son Emprendedora para os proxectos empresariais cuxa actividade económica leve en marcha un período máximo de 42 meses. Logo están Son Empresaria, para as empresarias destacadas no ano 2019 da provincia de Lugo, con actividade dende como mínimo 42 meses e un día. E, finalmente, Son Empresaria Rural, para promotoras de proxectos orixinais e innovadores de mulleres rurais, baseados en actividades agrarias complementarias, así como en actividades agroalimentarias, turísticas, industriais, ou que fomenten a diversificación da actividade económica e que promovan e impulsen o emprendemento das mulleres no territorio rural, así como actividades ou actuacións que recoñezan a súa labor no medio rural, da provincia de Lugo.

ÚLTIMAS

Chuvia, neve e temperaturas baixo cero na montaña de Lugo

Os termómetros volvéronse a esborrallar na madrugada deste martes ata valores negativos na maior parte...

Convenio entre Deputación e os 67 concellos da provincia para modernizar o padrón da man do INE

O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, asinou este martes, no Pazo...

Morre nun parque de Lugo un home de 37 anos tras ser atopado semiiconsciente

Un home de 37 anos faleceu o sábado pola mañá en Lugo tras ser atopado...

A alcaldesa de Lugo agradece a inclusión do Museo da Romanización nos Orzamentos da Xunta

A alcaldesa de Lugo, Paula Alvarellos, mostrou a súa satisfacción pola inclusión dunha partida...