InicioPolíticaIndependentes por Monterroso, á "espera" dunha chamada do PP para formar goberno

Independentes por Monterroso, á “espera” dunha chamada do PP para formar goberno

O pleno de constitución celebrarase este venres, despois do recurso que declarou nulo un voto ao PSOE e deu a vitoria aos independentes.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Concello de Monterroso constituirase este venres, día 5, despois do recurso que presentou Independentes por Monterroso contra un voto nulo que finalmente decantou a vitoria cara a esta formación apadriñada polo exalcalde socialista Antonio Gato, quen asegura estar “a esperar” a unha chamada do PP para negociar a formación dun goberno.

A lista do exrexedor conta con catro concelleiros, fronte a tres do PSOE, outro tres do PP e un de Compromiso por Galicia. Gato xa deixou claras as súas intencións, que pasarían por gobernar cos populares descartando calquera tipo de alianza cos seus antigos compañeiros do PSOE.

O candidato á Alcaldía de Independentes por Monterroso confesou que o candidato popular, “respondendo” a unha petición súa, “quedou de falar” con el e avisalo esta semana para o día que puidese e arrincar xa as negociacións para a formación de goberno.

“Estou a esperar que se produza esa chamada. En canto me chame non teño inconveniente, todo o contrario, de conversar con el e ver as posibilidades para a gobernación de Monterroso”, incidiu.

Gato apelou a que “Monterroso ten hoxe unha corporación moi fragmentada, por tanto é necesario que as forzas políticas converxan”. “Os acordos que se poidan tomar co PP serían convenientes para Monterroso, hai que abordar algúns problemas e converter a Monterroso nun concello de referencia e o diñeiro para o seu financiamento está na Xunta, onde goberna o Partido Popular”, xustificou.

Con todo, Antonio Gato puntualizou que “non” lle faría falta o respaldo do PP para sacar adiante a investidura, posto que os independentes gañaron as eleccións con catro concelleiros, fronte a tres do PSOE, tres do PP e un de Compromiso por Galicia.

+ posts

ÚLTIMAS

Fernández reclama a renovación da rede de abastecemento en Paradai

O portavoz do Grupo Municipal Socialista, Miguel Fernández, visitou esta semana o barrio de...

Candia fai chegar á subdelegada do Goberno prioridades en seguridade, mobilidade e infraestruturas

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, mantivo hoxe unha reunión institucional coa subdelegada do...

O Parlamento galego apoia por unanimidade a candidatura de Lugo para acoller a Axencia Estatal de Saúde Pública

O Parlamento galego pide á Xunta que impulse o apoio á candidatura de Lugo...

O Concello de Lugo pide axilidade á Deputación na renovación da avenida Adolfo Suárez

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, mantivo un encontro co presidente da Asociación de...