InicioLugo e contornaO PP teima que a Deputación de Lugo aclare "tecnicamente" os permisos...

O PP teima que a Deputación de Lugo aclare “tecnicamente” os permisos para as rutas fluviais

Eduardo Vidal, responsable de Turismo da Deputación, presentou unha demanda de "conciliación" contra o viceportavoz popular, Carlos Armesto, tras ser acusado de falsidade documental no proceso de permisos.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A presidenta do PP de Lugo, Elena Candia, instou a “aclarar tecnicamente” o caso das rutas fluviais, na Ribeira Sacra, que impulsa o goberno da Deputación provincial, tras o cruzamento de acusacións entre o responsable de turismo, Eduardo Vidal e o viceportavoz popular, Carlos Armesto.

Vidal presentou unha demanda de “conciliación” no xulgado de instrución número uno de Lugo contra o viceportavoz popular, Carlos Armesto, tras ser acusado de falsidade documental no proceso de permisos para o desenvolvemento das devanditas rutas.

Candia advertiu de que o PP ten “información documentada”, e que Carlos Armesto “coñece profundamente todo o desenvolvemento turístico da Ribeira Sacra”. “Coa documentación que temos o noso grupo tentará facela valer”. “Creo que terá que aclararse tecnicamente, pero a documentación que nos fixeron chegar permitía ter dúbidas e por iso faciamos as preguntas”, concluía Elena Candia.

+ posts

ÚLTIMAS

Palas de Rei acolle a primeira celebración cidadá polo “non” a Altri

A Plataforma Ulloa Viva festexará esta tarde o "primeiro paso" adoptado pola Xunta de...

O PP preguntará no pleno cando executarán PSOE e BNG os arranxos pendentes na escola de piragüismo

Os deputados do Grupo Provincial Popular preguntarán no vindeiro pleno “cando teñen previsto PSOE...

O PP de Vilalba condena o novo ataque ao busto de Manuel Fraga

O PP de Vilalba expresou a súa "máis rotunda e enérxica condena" ante un...

Dous accidentes con feridos obrigan a cortar a A-6 en Baralla

A A-6, ao seu paso polo municipio lucense de Baralla, rexistrou a pasada noite...