InicioSen categorizarDarío Campos acusa á Xunta e ao PP de ter unha "estratexia"...

Darío Campos acusa á Xunta e ao PP de ter unha “estratexia” conxunta para non abrir as residencias de maiores

Tras a xunta de goberno, e interpelado sobre esta posibilidade en relación á apertura dos centros, Campos ironizou dicindo: "branco e en botella non é auga, é leite".

PUBLICADA O

- Advertisement -

O presidente da Deputación de Lugo, Darío Campos, acusou á Xunta de Galicia e ao Partido Popular de promover unha “estratexia” conxunta para evitar que abran as residencias para maiores que programa o goberno provincial. Tras a xunta de goberno, e interpelado sobre esta posibilidade en relación á apertura dos centros, Campos ironizou dicindo: “branco e en botella non é auga, é leite”.

Así, denunciou que á Deputación “desde un principio” puxéronselle ” trabas”. “Ademais, foi unha das cousas que lle pedín a Feijóo, unha colaboración entre administracións, que sería o lóxico, porque é un modelo pioneiro e creo que vai sentar cátedra non só a nivel de Lugo, senón a nivel galego e estatal, e a resposta foi que non”, dixo.

“E encima están eses inconvenientes que temos dos permisos, dos PIAS. Nós estariamos en disposición de abrir catro residencias (Pol, A Fonsagrada, Trabada e Ribadeo)”, indicou, tras o que lembrou as dificultades que se lle pon a través da sociedade do chan (Suplusa), que controlan o PP e o deputado non adscrito Manuel Martínez.

Estas declaracións producíanse logo de que Darío Campos anunciar a contratación “dos servizos de limpeza, manutención, e asistencia básica para a residencia e centro de día da residencia da Fonsagrada”, por un importe de 1,8 millóns de euros, para financialo durante 4 anos.

O alcalde da Fonsagrada, e vicepresidente provincial, Argelio Fernández, tamén apelou a que “esta residencia se abra canto antes”. “Espero que os cidadáns saiban ver quen está a favor de dar eses servizos básicos, necesarios dentro do concello e quen pon paus nas rodas para que isto non se abra”, resolveu.

Finalmente, Darío Campos confesaba alegrarse ” moito” de que a Xunta apoie a candidatura para que A Ribeira Sacra sexa proclamada Patrimonio da Humanidade pola Unesco. “A idea partiu desta casa en 2011”, reivindicando así a figura do seu antecesor, José Ramón Gómez Besteiro.

ÚLTIMAS

Lugo redistribúe en Frigsa a un cento de nadadores do Fluvial tras as inundacións pola crecida do Miño

O Concello de Lugo redistribuíu a máis de cen nadadores do club Fluvial á...

María Reigosa rompe co PSOE no seu primeiro pleno tras a renuncia e vota co PP para esixir melloras nun barrio de Lugo

A edil do Concello de Lugo María Reigosa desmarcouse do Grupo Municipal Socialista e...

Rebaixan a pena dun agresor sexual de 27 a 3 anos ao pagarlle 150.000 euros á vítima

A Audiencia provincial de Lugo pechou este xoves o caso dun home acusado de...

O Concello de Lugo pecha os parques ante a alerta amarela por vento

O Concello de Lugo procederá a pechar os parques a partir das 11.00 horas...