InicioEconomíaModa "Made in Lugo"

Moda “Made in Lugo”

PUBLICADA O

- Advertisement -

Lugo convertersase na capital galega da moda este venres. Será na Gala de Moda Enfiando. Un evento que terá lugar ás 20.30 no Círculo das Artes e estará conducido pola actriz galega Marta Doviro e que contará coas deseñadoras Tina Cortón, Montse Arias, Sara Lage, M&N xoias e Ramón Rebolo.

Tamén haberá 5 deseñadores noveles: Sergio Marey, María Astorgano, Antía Vilar, Ariadna e Liliana Castiñeira e a presenza de 15 artesáns lucenses: Traxandaina, Lanalutum, Corazones Artesáns, Cecilia Carballo, Tres Caracoles, Imavi, Mis Marinillas, Beatriz Valin, Barroenvivo, Cesteria Viva, Paula Dimé, Bolboretas de Coiro, Obradoiro, Mi madre no me deja e Sesé. A roupa que se poderá ver na pasarela inclúe vestidos de noiva, roupa de festa, de rúa e roupa urbana.

Nesta ocasión, as entradas terán un coste de 15 euros e estarán dispoñibles nos seguintes establecementos: Rebolo Bellas Artes, M&N Xoias, Tina Cortón, Montse Arias e Sara Lage.

A Deputada de Cultura, Pilar García Porto, e a Concelleira de Benestar de Lugo, Ana González Abelleira, xunto coas responsables da Asociación de Creadores de Moda Lucense -ACML-, foron as encargada de presentar este luns no CENTRAD esta décima edición e destacaron a importancia de “promocionar e dar visibilidade ao traballo que están realizando os artesáns e deseñadores da provincia”.

+ posts

ÚLTIMAS

Récord histórico de matrícula no curso 2025-2026 na UNED de Lugo

O centro asociado da UNED en Lugo pechou o segundo prazo de matrícula do...

O PP aproba no Senado unha iniciativa para a rehabilitación do mosteiro de Vilar de Donas

O PP fixo uso da súa maioría absoluta no Senado para aprobar unha iniciativa...

Consideran “consistente” a declaración dunha das nenas que denunciaron un profesor por presunta agresión sexual

O xuízo contra o profesor de música de Albeiros acusado de agresión sexual a...

O PSOE de Baralla denuncia a falta de médicos no centro de saúde e a inacción do PP

O PSdeG de Baralla denuncia novamente a grave situación sanitaria que sofre o municipio...