InicioLugo e contornaLugoXosé Chorén, ex edil do BNG, candidato de Lugonovo nas municipais

Xosé Chorén, ex edil do BNG, candidato de Lugonovo nas municipais

É o xefe de sector das oficinas de Correos para Lugo e o oeste de Asturias e substitúe a Cristina Pérez Herráiz.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O xefe de sector das oficinas de Correos para Lugo e o oeste de Asturias, Xosé Chorén, foi proclamado candidato de Lugonovo á Alcaldía.

Nun almorzo informativo convocado por Lugonovo (a marca de En Marea na cidade amurallada) deuse a coñecer o resultado dunha asemblea celebrada este xoves que, por unanimidade, proclamou ao xefe de sector das oficinas de Correos para Lugo e o oeste de Asturias e exconcejal do BNG, Xosé Chorén, como candidato á Alcaldía da capital luguesa.

Nun principio, as bases escolleran á actual portavoz no Concello, Cristina Pérez Herraiz, para encabezar a lista municipal, pero o adianto das xerais obrigou á formación a “dar un xiro” que levou a que Pérez Herraiz sexa finalmente a candidata ao Congreso por En Marea.

Chorén asegurou que regresa á política, foi concelleiro do BNG no Concello de Lugo, “da que levaba apartado sete anos, con moitísima ilusión, co ánimo de darlle continuidade a todo o traballo realizado polo grupo municipal neste mandato e coa vontade de cambiar a situación deste Concello”.

Na súa intervención, aclarou que o centro das políticas de Lugonovo “sempre foron e serán as persoas”, primando tamén a “xestión” e “a posta en valor da marca Lugo”.

Pérez Herraiz, xa oficializada como candidata ao Congreso pola provincia de Lugo, referiuse a o feito neste catro anos, “onde se presentaron 338 iniciativas ao Concello, 112 aos plenos, entre elas 69 proposicións, e 226 ás comisións entre rogos, 86, e preguntas, 140”.

ÚLTIMAS

Os túneles de Doncos e Cereixal, na A-6, permanecerán cortados durante tres noites esta semana por obras

O Ministerio de Transportes realizará cortes de tráfico durante as noites deste martes, mércores e xoves...

O TSXG suspende de forma cautelar as autorizacións para construír tres parques eólicos en Lugo

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) decretou a suspensión, de forma cautelar, das autorizacións...

A Deputación de Lugo desbrozará 4.200 quilómetros de estradas en mes e medio

A Deputación de Lugo comezou este luns os traballos de roza nos máis de 4.200 quilómetros de...

Detido un mozo en Lugo acusado de roubo ao ser sorprendido no interior dunha vivenda e encapuchado

Un mozo foi detido en Lugo sorprendido mentres, supostamente, roubaba nun domicilio particular do...