InicioAncaresEstudantes e profesores de cinco países diferentes reivindican a importancia da via...

Estudantes e profesores de cinco países diferentes reivindican a importancia da via Kunig

Participan no programa Erasmus plus e fixeron un tramo deste camiño nas Nogais.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Un total de 40 alumnos e 15 profesores participantes no proxecto erasmus plus “Bring Europe Together” reivindicaron a importancia da vía Kunig, un camiño alternativo ao actual trazado do Camiño francés que era moi coñecido na idade media e popularizou un monxe alemán.

Despois de visitar a Torre de Doncos, este mozos fixeron un tramo da vía kuning que remataron na vila de As Nogais. Estes peregrinos improvisados son de Lituania, Rumanía, Polonia, Italia e España.

Un grupo de mozos realiza parte do tramo da vía kunig nas Nogais / Javi Gómez

Todos eles resaltaron a “increíble belleza da paisaxe e o excelente estado do Camiño”, segundo comenta Javi Gómez, arqueólogo e historiador e un dos impulsores desta vía alternativa. De feito, Gómez destaca que este era o autentico camiño real de Carlos III.

O proxecto erasmus plus “Bring Europe Together” traballa os distintos patrimonios que se poden atopar nestes países: o natural, o material e o inmaterial. Por iso, este grupo tamen visitará Santiago de Compostela, a costa da Mariña e a propia cidade de Lugo.

+ posts

ÚLTIMAS

A Audiencia de Lugo xulga un home acusado de agredir sexualmente unha muller que non podía prestar consentimento

A Audiencia Provincial de Lugo acollerá o vindeiro luns e martes o xuízo contra...

O San Froilán programa 346 actividades e pechará cun espectáculo de 500 drones e a Orquestra Panorama

O San Froilán 2026 contará con 346 actividades entre o 4 e o 12...

O PP denuncia que o Goberno “non ten data” para abrir a nova estación intermodal de Lugo

Os senadores do PP de Lugo advertiron de que o Goberno de España “non...

Susie Q’s e Doc Magoo’s pecharán un exitoso ciclo de concertos na Terraza do Pazo de Lugo

A Terraza do Pazo, no Pazo de Feiras e Congresos de Lugo, presentaba a...