InicioLugo e contornaAsí será a axenda de mobilizacións do Día da Muller en Lugo

Así será a axenda de mobilizacións do Día da Muller en Lugo

.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Con motivo do Día Internacional de Mulleres, que está convocada tanto no ámbito laboral, como de coidados, de consumo e estudantil, a Plataforma Feminista de Lugo organiza unha ruada nocturna para este venres 8 de marzo, coa que esperan “repetir o éxito de asistencia vivido o pasado domingo na capital lucense, coa manifestación do movemento feminista galego”.

Así o avanzou este mércores una das portavoces deste colectivo, Judith Rodríguez, sobre unha marcha que sairá ás 20,00 horas do edificio da Xunta de Galicia e percorrerá o centro de Lugo ata terminar na Praza de Santa María, onde está prevista a lectura dun manifesto a cargo da xornalista Cristina Lombao. Posteriormente haberá unha actuación do grupo musical de mulleres ‘A Banda dá Loba’.

As feministas de Lugo queren deixar claro que as mulleres son as que fan “funcionar o mundo” porque son “as principais coidadoras da infancia, a vellez e as persoas enfermas e dependentes”, porque asumen “as tarefas peor pagas e valoradas pola sociedade” e son “as compradoras maioritarias de produtos básicos”.

Se paramos de facelo, a sociedade colapsaría“, explicaron nun comunicado, no que informan o seu obxectivo para o 8M: “Demostrar que as mulleres somos capaces de parar este sistema que nos sobreexplota e exerce todo tipo de violencias contra nós e tamén esixir un sistema distinto á explotación capitalista e á opresión patriarcal, baseado na igualdade e na xustiza social”.

Sobre a folga estudantil, Rodríguez explicou que tamén queren “parar o sistema educativo para reclamar un ensino feminista, laica e pública, que proporcione unha educación afectivo-sexual que permita romper cos estereotipos sexistas que están na raíz da violencia machista e sexual”. As mulleres que non poidan secundar este paro e queiran manifestar o seu apoio á cita, están chamadas a colgar as súas mandiles da xanela ou o balcón das súas casas.

ÚLTIMAS

Lea pola promoción do Arde Lvcus en Fitur: o Concello de Lugo reprende á Xunta

O Concello de Lugo e o PP protagonizaron nas últimas horas unha lea pola presentación do Arde Lvcus...

A Garda Civil de Lugo identifica a tres autores de estafas a congregacións relixiosas

Unha investigación levada a cabo polo Equipo de Investigación Tecnolóxica da Policía Xudicial da Garda...

Lugo roza este mércores os -10 graos

As temperaturas mínimas rozaron este mércores os 10 graos negativos nas provincias de Lugo...

Un veciño de Zamora participa na ruta de 4×4 de Becerreá con matrículas falsas

A Garda Civil investiga a un veciño de Zamora de 37 anos como suposto autor dun...