Home Movementos sociais Carmela López reivindicou no foro ‘Con Voz de Muller’ que o desempeño político non afecte á familia

Carmela López reivindicou no foro ‘Con Voz de Muller’ que o desempeño político non afecte á familia

0
Carmela López reivindicou no foro ‘Con Voz de Muller’ que o desempeño político non afecte á familia

O salón de actos da Deputación acolleu a cuarta edición de Con Voz de Muller, unha iniciativa da Cadena Ser en colaboración coa institución provincial que espertou un gran interese e fixo que en moi poucos días se reservaran todas as entradas dispoñibles.

A xornada abordou a maternidade desde diferentes perspectivas persoais e profesionais, afastándose dos estereotipos e dos xuízos que aínda condicionan a experiencia das mulleres. O evento contou con varias nais con historias distintas, profesionais especializadas na saúde feminina e coa participación da ex-ximnasta catro veces olímpica Almudena Cid para pechar o acto.

O impacto da política na familia

A apertura do foro correu a cargo da presidenta da Deputación de Lugo e alcaldesa de Burela, Carmela López, quen nunha conversa coa xornalista e condutora do acto, Sara Meijide, abordou o que supón o exercicio da política para as mulleres e para os seus fillos. López, que é nai de dous fillos adolescentes, reivindicou a independencia dos menores respecto ao seu cargo.

A mandataria incidiu en que o que ela faga na súa vida pública debe explicalo ela e non os seus fillos, sinalando que “eles non deben dar explicacións por min”. Así mesmo, recoñeceu que o pasa mal cando os seus fillos escoitan comentarios pola súa dedicación política, aínda que prefire quedarse coa parte positiva: “Como nai dóeme, pero tamén me fai pensar no exemplo que estamos dando as persoas adultas. No que dicimos na casa, no que escribimos nas redes e na facilidade coa que ás veces reducimos unha persoa a unha etiqueta. Iso tamén educa”.

Respecto ao seu papel no fogar, explicou a súa receita de nai baseada no diálogo: “Intento escoitar moito os meus fillos, preguntarlles por que pensan dunha maneira e darlles confianza para discrepar. Tamén de min”, engadindo que “ás veces son eles os que me fan revisar unha opinión”.

Maternidade, saúde feminina e deporte de elite

Baixo o lema Nin boas nin malas: nais, o foro serviu para reflexionar sobre as expectativas sociais e os cuestionamentos que afrontan as mulleres cando priorizan a súa carreira profesional ou cando deciden dedicar máis tempo á familia.

Neste contexto, o encontro acolleu a mesa redonda Maternidade sen manual, na que participaron Iria López, CEO de Bebé Ratón; Isabel Ares, responsable de Isabel Ares Peluquería Unisex; e Patricia Díaz, futbolista profesional e nai vinculada ao Real Avilés C.F. As tres poñentes compartiron as súas experiencias sobre os retos de compatibilizar a vida familiar coas esixencias profesionais.

A saúde feminina ocupou tamén un lugar destacado a través do espazo Derribando mitos, construíndo realidades, unha proposta divulgativa e participativa na que se abordaron cuestións de reprodución e saúde mediante un xogo de mito ou realidade co público. Esta sección contou coa participación de Vanessa Lora, xinecóloga especializada en reprodución asistida de EVALO, e Patricia Pontón, fisioterapeuta especializada en solo pélvico.

O peche da xornada correu a cargo da ex-ximnasta catro veces olímpica Almudena Cid, quen achegou a súa experiencia no deporte de elite, as esixencias profesionais e os retos que afrontan as mulleres deportistas ao longo da súa traxectoria. Pola súa banda, a artista Laura LaMontagne foi a encargada de poñer a banda sonora ao evento, incorporando a música a unha xornada concibida como un espazo para compartir experiencias, abrir debates e dar visibilidade a distintas realidade

+ posts

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here