A proposta combina obradoiros semanais de lecer, deporte e desenvolvemento persoal cun calendario de cinco saídas ao medio natural pola provincia. As prazas son limitadas e a inscrición faise a través do formulario en liña formulario.xuventudelugo.gal.
“Queremos que a Casa da Xuventude sexa un espazo vivo, onde a mocidade lucense atope cada semana algo que lle interese, sen que o prezo sexa nunca unha barreira”, sinalou o concelleiro de Deportes, Infancia e Xuventude, Damián Carballo.
A primeira cita será este domingo 18 de outubro, cunha ruta pola 4ª etapa do Camiño Cantábrico entre Burela e San Cibrao. Son 14 quilómetros de dificultade fácil, con saída ás 8:30 horas dende a Casa da Xuventude, e a actividade inclúe o desprazamento e a comida. Dada a proximidade da data, a inscrición para esta ruta é presencial na propia Casa da Xuventude, de luns a sábado de 10:00 a 14:00 e de 16:30 a 21:30 horas, ata completar as 26 prazas dispoñibles.
Obradoiros semanais. Os luns, do 19 de outubro ao 21 de decembro (agás o 7 de decembro), haberá fotografía con móbil e cámara de 16:30 a 18:30 horas e zumba de 20:30 a 21:30 horas. Os mércores, do 21 de outubro ao 23 de decembro, cociña e esgrima de 17:00 a 19:00 horas, en salas distintas, e ioga de 20:30 a 21:30 horas. O obradoiro de cociña terá un eixo temático cada mes: batch cooking e cociña de medo en outubro, cociña da terra en novembro e cociña de Nadal en decembro.
Os xoves, do 22 de outubro ao 17 de decembro, de 18:30 a 20:30 horas, desenvolverase “Fala con seguridade, pisa con forza”, un obradoiro de oratoria, linguaxe corporal e autoconfianza.
|
Día |
Actividade |
Horario |
Prazas |
|
Luns |
Fotografía con móbil e cámara |
16:30–18:30 h |
10 |
|
Luns |
Zumba |
20:30–21:30 h |
12 |
|
Mércores |
Cociña |
17:00–19:00 h |
12 |
|
Mércores |
Esgrima |
17:00–19:00 h |
12 |
|
Mércores |
Ioga |
20:30–21:30 h |
12 |
|
Xoves |
Fala con seguridade, pisa con forza |
18:30–20:30 h |
25 |
Rutas de sendeirismo. Todas saen dende a Casa da Xuventude e contan con 26 prazas.
|
Data |
Ruta |
Distancia e dificultade |
|
Domingo 18 de outubro |
O Camiño Cantábrico, 4ª etapa: Burela – San Cibrao |
14 km, fácil |
|
Sábado 14 de novembro |
Ruta micolóxica: introdución ao marabilloso mundo fungi (Reserva da Biosfera Terras do Miño) |
— |
|
Sábado 21 de novembro |
Obradoiro de orientación no medio natural (Reserva da Biosfera Terras do Miño) |
— |
|
Sábado 28 de novembro |
Ruta interpretativa dos soutos na Serra do Courel: Souto do Vilar, Vilamor – Froxán |
12 km, moderada |
|
Sábado 19 de decembro |
Belén de cumio da Xuventude no Pico Tres Bispos (Ancares Lucenses) |
15 km, moderada |
Outros servizos. A Casa da Xuventude acolle tamén un Punto BookCrossing, un espazo aberto para intercambiar libros de 10:00 a 14:00 e de 16:30 a 21:30 horas. A Casa da Música abre de martes a venres de 18:00 a 22:00 horas. A isto súmase o Servizo de prevención de drogodependencias e adiccións comportamentais.
Inscricións. As inscricións poden formalizarse en formulario.xuventudelugo.gal ata completar as prazas dispoñibles. A ruta do domingo 18 de outubro é a excepción: a súa inscrición é presencial na Casa da Xuventude. Para máis información, as persoas interesadas poden chamar ao 982 297 444.