InicioSociedadeO Consello volve esixir a moción de censura nos Veterinarios de Lugo

O Consello volve esixir a moción de censura nos Veterinarios de Lugo

O órgano de rango superior insta novamente á presidenta do Colexio de Veterinarios de Lugo a desbloquear o debate da moción de censura

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Consello Galego de Colexios Veterinarios insta de novo a celebrar o debate da moción de censura en Lugo. O máximo órgano decisorio da profesión en Galicia realiza esta advertencia sete meses despois do primeiro aviso á presidenta do Colexio lucense, Ana López Pombo, por negarse a acatar a vontade dos cento sesenta colexiados que solicitaron a votación.

A intervención do Consello debeuse á actitude de bloqueo de López Pombo, quen denegou a convocatoria do debate da moción de censura alegando que as sinaturas debían contar con lexitimación notarial, un requisito improcedente. Os impulsores da moción de censura solicitaron en marzo de 2018 un recurso e obtiveron o fallo favorable en xuño, decisión varias veces reiterada á presidenta Colexio de Lugo. O máximo organismo galego insta novamente a cesar no bloqueo e permitir a votación evitando “criterios arbitrarios”.

A moción de censura é o último episodio da enleada situación do Colexio de Lugo, resultado dunha xestión criticada por falta de democracia, transparencia e independencia política: en 2017, López Pombo enviou aos colexiados unha carta con membrete do Partido Popular, formación pola que é edil na corporación local de Lugo. A oposición, representada polos tres membros de Colvet Lugo Democrático na xunta de goberno, amosou maiorías abrumadoras nas asambleas ordinarias, rexeitando os orzamentos e as contas dos exercicios recentes. 

Na candidatura Colvet Lugo Democrático amósanse convencidos de que López Pombo resístese a convocar o debate da moción de censura porque sabe do rexeitamento contra a actual directiva. Por iso, agardan do Consello “que non soamente inste” á presidenta a cumprir os estatutos, “senón que asuma as responsabilidades e tome medidas disciplinarias ante esta desobediencia reiterada”.

“A presidencia do Colexio de Veterinarios de Lugo é un cargo goloso”

ÚLTIMAS

Lugo propón o Pazo de Feiras como sede da Axencia Estatal de Saúde Pública

O alcalde de Lugo, Miguel Fernández, solicitará ao Padroado da Fundación Feiras e Exposicións...

Denuncian filtracións, riscos estruturais e aulas ‘forno’ na escola infantil Gregorio Sanz de Lugo

Comisiones Obreras (CC.OO.) denunciou que o BNG "acepta" a existencia de "riscos estruturais, filtracións...

A Audiencia de Lugo absolve por falta de probas a un mozo acusado de agresión sexual a dúas menores

A sección segunda da Audiencia Provincial de Lugo absolveu a un mozo acusado de...

O PSdeG propón á alcaldesa de Burela para presidir a Deputación de Lugo tras a dimisión de Tomé

O comité provincial do PSOE por Lugo propuxo á deputada e alcaldesa de Burela...