O Instituto Xeográfico Nacional (IGN) rexistrou este venres dous tremores con epicentro no municipio de Taboada, de magnitude 2,3 e 1,9 mbL.g respectivamente.
Así, segundo os datos do IGN, o primeiro tremor produciuse sobre as 3.58 horas da madrugada deste venres, en Taboada e cunha intensidade de 1,9 mbL.g; mentres que pouco despois, tamén con epicentro no mesmo municipio, rexistrábase un movemento sísmico de magnitude 2,3 mbL.g
O pasado mércores, o Instituto Xeográfico Nacional rexistrou outro tremor, de magnitude 1,8 mbL.g, nesa ocasión ocorreu ás 14.44 horas e tivo o seu epicentro en Ponte Caldelas.