InicioPolíticaAna Prieto e Sonsoles López, candidatas a encabezar a lista socialista por...

Ana Prieto e Sonsoles López, candidatas a encabezar a lista socialista por Lugo

A concelleira en Lugo e a deputada provincial enfrontaranse nas primarias do Partido Socialista para representar a provincia de Lugo no Congreso

PUBLICADA O

- Advertisement -

O anuncio de eleccións xerais para o 28 de abril xerou os primeiros movementos no aparato socialista. Dúas candidatas disputarán o número un na lista que representará a provincia de Lugo no Congreso dos Deputados, loita que se dirimirá no Comité Provincial na fin da semana vindeira, e que ratificará o Comité Federal o 19 de marzo. Serán Sonsoles López Izquierdo, deputada de Promoción Económica, e a responsable do ramo e primeira tenente de alcalde na capital lucense, Ana Prieto.

Ámbalas dúas confirmaron publicamente a intención de postularse no proceso interno. Ana Prieto, presidenta do Colexio Oficial de Farmacéuticos ata 2015, é secretaria de Estudos e Programas na executiva do PSdeG que lidera Gonzalo Caballero. Sonsoles López, antes responsable medioambiental na Deputación e concelleira na Pastoriza, está vencellada á organización provincial maioritaria que comanda Álvaro Santos.

Prieto, que confía na experiencia municipal, afirma que dá o paso porque quere “achegar unha visión renovadora” e contribuír nun intre “crucial para Galicia e España”.  López considera que está en condicións “de defender as ideas do Partido Socialista, cunha traxectoria longa defendendo esa postura, tanto no Concello coma na Deputación”.

A concelleira de Economía, Ana Prieto | Óscar Bernárdez
A concelleira de Economía, Ana Prieto | Óscar Bernárdez

Sobre a activación do proceso de primarias, o secretario xeral provincial Álvaro Santos afirmou que é “bo sinal de saúde” o liderado de dúas mulleres no seo da formación. O asemade deputado de Relacións Institucionais afirmou que lle corresponde “observar” a opinión da militancia e da executiva, que “fará a proposta que considere mellor”. Preguntado polo enfrontamento entre a dirección galega e a provincial, Santos asegura que dende que saíu elixido o partido “está máis unido e máis cohesionado”, condición que permitirá “ser alternativa real nas eleccións xerais”.

ÚLTIMAS

Falece unha persoa ao caer co seu coche ao río no centro de Sarria

Unha persoa perdeu a vida na tarde deste venres tras sufrir un grave accidente...

O Goberno adxudica o proxecto para construír 13 vivendas de aluguer alcanzable en Pedrafita do Cebreiro

Casa 47, a Entidade Estatal de Vivenda adscrita ao Ministerio de Vivenda e Axenda...

A exsocialista Reigosa volve apoiar unha enmenda do PPdeG, aínda que apoiou os orzamentos para 2026

O pleno municipal extraordinario celebrado este venres en Lugo deu o visto e prace...

O Concello de Lugo pide evitar as zonas inundables ante a crecida do Miño

O Concello de Lugo realizou este venres un chamamento á cidadanía para que evite...