InicioSociedadeUnha unidade de endometriose no HULA podería paliar as listas de espera

Unha unidade de endometriose no HULA podería paliar as listas de espera

Os servizos de Xinecoloxía de toda Galicia aumentan as listas de espera, mentres no HULA as doentes de endometriose comparten circuíto con mulleres sen patoloxías

PUBLICADA O

- Advertisement -

A asociación querEndo volve a solicitar unidades específicas de endometriose no Hospital Universitario Lucus Augusti, nun contexto de desbordamento dos servizos de Xinecoloxía en toda Galicia. O centro lucense e o compostelán son os únicos que seguen a carecer de consultas específicas para as mulleres con esta doenza, que deben compartir sistema coas que carecen de patoloxías, redundando en aumentos nas listas de espera.

Dende o colectivo sinalan que as mulleres que sofren endometriose –aproximadamente, unha de cada dez– “vense abocadas a compartir os mesmos tempos de espera” con aquelas que realizan consultas de control, empregando o mesmo circuíto e recibindo atención dos mesmos profesionais. Por iso, en querEndo esixen unha unidade multidisciplinar en Galicia para tratar esta doenza, consultas específicas no HULA, e un plan de choque en Xinecoloxía para acurtar as listas de espera, que derivan en peores seguimentos e prognósticos.

A endometriose, a descoñecida que afecta a unha de cada dez mulleres

ÚLTIMAS

O Concello defende a licitación da xestión do Vello Cárcere e acusa ao PP de “mentir e manipular”

O secretario de Estado, Fernando Martínez, mostrou a súa satisfacción polo resultado do proceso...

Lugo impulsa o mantemento da Muralla no 25 aniversario do seu Patrimonio da Humanidade

O Concello de Lugo aprobou na súa xunta de Goberno a licenza que permitirá...

A Garda Civil salva a unha muller desorientada na A-8 en Mondoñedo

A Garda Civil auxiliou a unha persoa que camiñaba desorientada pola noite pola autovía...

Polémica pola licitación do contrato do Vello Cárcere a pesar dos informes de intervención

O Partido Popular de Lugo, con Elena Candia á cabeza, criticou a decisión do...